Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

A TRADESCOLA ORGANIZA DOUS NOVOS CONCERTOS DIDÁCTICOS DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES DE LUGO.

Varios / 06.06.23

cartaz cdtrad_xuo - as gandaras - a ponteA Tradescola, escola de música ebaile tradicional galego que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, realizará mañá unha nova actividade de promoción e difusión da música e do baile tradicional. Concretamente, achegarase ata os CEIP As Gándaras e CEIP A Ponte de Lugo, para impartir dous concertos didácticos de música tradicional para escolares. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Realizaranse  dous concertos didácticos, que estarán impartidos polos mestres da Tradescola, Bruno Villamor, Germán Díaz, Roberto Rodríguez, Míguel Anxo López, Alberte Núñez e Jose Manuel López no que lles amosarán aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.

“Sons de Maio para Francisco Fernández del Riego” ciclo de actuacións diante da Deputación de Lugo das aulas de música e baile tradicional da Tradescola.

Varios / 16.05.23

tradescola sonsmaio2023_web - pqA vindeira semana iniciarase o ciclo “Sons de Maio para Francisco Fernández del Riego” con actuacións diante da Deputación de Lugo das aulas de música e baile tradicional da Tradescola. 

Aproveitando a celebración das Letras Galegas adicadas a Francisco Fernández del Riego, a Tradescola ofrecerá distintas audicións na praza de San Marcos (Lugo) nos vindeiros días. Esta nova actividade de difusión e promoción da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional conta coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo (Vicepresidencia).

Con estos concertos, a Tradescola quere sumarse ós distintos actos en homenaxe a Francisco Fernández del Riego no día das nosas letras, e nos mesmos, poderemos gozar de numeroso repertorio tradicional, interpretado por alumn@s e mestres da Tradescola onde non faltarán gaitas, zanfonas, percusións, acordeóns, cantareir@s e por suposto bailadores e bailadoras. Esperámosvos!!

Concerto didáctico da Tradescola en Antas de Ulla

Varios / 16.05.23

cartaz cdtrad_maio - pqA Tradescola realizará o vindeiro venres unha nova actividade de promoción e difusión da música e do baile tradicional na provincia. Concretamente, o día 19 de maio achegarase ata Antas de Ulla, concretamente ao CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla, para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Realizarase un concerto didáctico, que estará impartido polos mestres da Tradescola Lucía Eiros, Branca Villares e Alberte Núñez, no que lles amosarán aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.

Estos concertos son moi importantes para a Tradescola, xa que estes posibles novos músicos e bailadores serán os que xoguen un papel básico no futuro das nosas tradicións, da nosa música, canto e baile e como non, tamén da nosa lingua.

Hoxe é un día de moita tristura para o mundo da música tradicional; no colectivo da AGG estamos de loito por ter que despedir a Alejo Pacín Jul

Varios / 15.05.23

img 20201011_132228Hoxe é un día de moita tristura para o mundo da música tradicional; no colectivo da AGG estamos de loito por ter que despedir a un dos nosos membros, Alejo Pacín Jul, gran gaiteiro, violinista e unha maravillosa persoa moi querida por todas e todos os que o coñeciamos.


Unha grande perda para o mundo da música tradicional pois a pesar da súa xuventude era un músico de grandísima calidade profesional e humana.

Dende a Asociación de Gaiteiras e Gaiteiros Galegos lamentamos profundamente esta perda, e queremos manifestar o noso máis fondo pesar a súa familia e amigos.

Sempre estarás presente na nosa memoria. Que a Terra che sexa leve. DEP

Gaiteiras que abren camiño

AGG / 09.05.23

asquedormenentreocenteo presentacionlibro_webA Asociación de Gaiteiras Galegas (AGG) ven de publicar un novo traballo que leva por título “As que dormen entre o centeo”, un proxecto pioneiro que busca dar pulo e visibilidade á creatividade das mulleres do ámbito da gaita galega, tradicionalmente moi masculinizado. O libro reúne trinta e dúas composicións inéditas de dezaseis autoras, entre as que atopamos dende nomes consagrados á representación das xeracións máis novas do instrumento e nel mestúranse diferentes estilos e linguaxes en pezas tanto para gaita sola como conxunto de gaitas. Ás partituras engádese un disco que recompila doce dos temas compostos, e un limiar obra de Pilar Rego.

Coa edición de “As que dormen entre o centeo”, levada a cabo pola Asociación de Gaiteiras Galegas e subvencionado pola Deputación da Coruña, buscamos poñer chanzos cara a normalización das gaiteiras e compositoras para gaita, promovendo un libro-disco protagonizado por músicas unicamente femininas, engadindo outro grao de area na consecución de paliar a falla de publicacións con composicións feitas por mulleres. Aínda que este libro reúne só unha pequena mostra das gaiteiras do país, agardamos que sirva tanto para visualizar o seu potencial creativo como para iniciar un camiño que outras autoras se animen a percorrer, mulleres que loitaron e loitan por facer da gaita un instrumento para todas.

Queremos convidarte a coñecer esta publicación no acto de presentación que organizamos o vindeiro domingo 18 de xuño no Auditorio da Casa de Rosalía e no cal participarán algunhas das autoras, así como as coordinadoras da obra. A entrada é gratuita e libre ata completar aforo.

Máis información nos teléfonos 986 84 70 74 / 982 22 99 66 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

A Tradescola celebrará os maios cos seus alumnos na Praza Maior de Lugo!

Varios / 28.04.23

cartaz maios_2023 - pq???? ????????????????  O vindeiro martes 2 de maio, celebraremos os maios cos nenos e nenas da Tradescola e darémoslle a benvida á primavera cunha nova actividade de difusión e promoción da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional. ????????????
A partir das 17.00 horas terá lugar a elaboración dun maio figurado a cargo das/os nenas /os que se recubrirá con fentos, fiuncho, herbas e frores silvestres (na praza Maior de Lugo).
A continuación, a Tradescola ofrecerá distintas actuacións nas que se poderá gozar de numeroso repertorio tradicional cantado e bailado ao redor dos maios.
O programa da celebración será o seguinte:
Martes 2 de maio
De 17.00 a 17.30 horas: Elaboración de maios figurados.
A partir das 17.30 horas: actuacións arredor do maio a cargo de grupos de baile, canto e pandeireta, percusión e zanfona da Tradescola.
Esta é unha nova actividade que se suma ás levadas a cabo durante o curso, no que a maiores das aulas impartidas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, e linguaxe musical, están realizándose tamén certames e concertos didácticos de música Tradicional para escolares de distintas comarcas da provincia. ESPERÁMOSVOS!!!!

25 Xantar gaiteiro. Homenaxe a Xosé Casal

Varios / 26.04.23

Xantar Gaiteiro. Homenaxe a Xosé Casal

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza o vindeiro 6 de maio o tradicional Xantar Gaiteiro, que nesta 25 edición celebrarase nos Concellos de Curtis e Vilasantar. 

Unha xuntanza que ten como finalidade principal a de pasar un día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional, creando así un punto de encontro, de intercambio e de festa. Ademais, queremos aproveitar a celebración para render homenaxe a Xosé Casal, persoeiro fundamental no ámbito da nosa música, que non só destacou como gaiteiro, senón tamén como pintor, escultor, cantante, compositor e incluso como artesán de gaitas. Entre as moitas aportacións que fixo á música tradicional, foi membro do mítico cuarteto Brisas da Cruña e director da histórica agrupación Gaiteiriños.  (Se queres coñecer mais sobre a súa traxectoria podes ver o Alalá 201: Xosé Casal - https://www.youtube.com/watch?v=qWESmO3l9zs).

 Programa:

12:30h. Homenaxe a Xosé Casal no Salón de Actos do Edificio Multiusos do Recinto Feiral de Curtis

14:30h. XV Xantar Gaiteiro no restaurante o Castiñeiro (Ru, 16. Vilasantar)

MENÚ: 1º- Empanada e croquetas - 2º Churrasco mixto, bebida, café e postre.

PREZO: 25 euros por persoa (que serán entregados ao entrar).

Para poder asistir ao xantar será necesario a previa inscrición. Data límite para a reserva: 3 de maio.

Mais información e reservas nos teléfonos 986 84 70 74 / 982 22 99 66 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Concerto didáctico da Tradescola en Sarria

Varios / 21.04.23

cartaz cdtrad_abrilA Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, realizará o vindeiro luns unha nova actividade de promoción e difusión da música e do baile tradicional na provincia. Concretamente, o día 24 de abril achegarase ata o concello de Sarria, concretamente á EEI Xela Arias, para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Realizarase un concerto didáctico, que estará impartido polos mestres da Tradescola Lucía Eiros e Xabier Iglesias, no que lles amosarán aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.

Estos concertos son moi importantes para a Tradescola, xa que estes posibles novos músicos e bailadores serán os que xoguen un papel básico no futuro das nosas tradicións, da nosa música, canto e baile e como non, tamén da nosa lingua.

X Certame de debuxo sobre o baile e os instrumentos da música tradicional da Tradescola

Varios / 21.04.23

 

tradescola-logo-pequeXa está en marcha o X certame de debuxo “O baile e os Instrumentos da Música Tradicional Galega”, unha iniciativa posta en marcha pola Tradescola (escola de música e baile tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo) en colaboración coa Área de Cultura (Vicepresidencia) da Deputación de Lugo e que acada este ano a súa décima edición.

A finalidade desta actividade, dirixida ás nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria dos centros de ensino da provincia de Lugo, é potenciar e difundir entre os máis pequenos a música e a cultura tradicional galega, axudar a que coñezan os nosos instrumentos, a nosa historia e costumes dun xeito natural dende os primeiros anos, fomentando actitudes de respecto e valoración da mesma.

É necesario que se produza un proceso de transmisión da cultura, o que constitúe unha garantía da conservación das nosas tradicións e, en definitiva, do noso patrimonio cultural.

A Tradescola constitúe un proxecto educativo xestionado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s que busca formación para todas e todos aqueles que queiran achegarse á música e ao baile tradicional galego. A maiores, organiza actividades complementarias vencelladas coa difusión da cultura tradicional, como é o caso deste X Certame de debuxo sobre o baile e os Instrumentos da Música Tradicional Galega, co que ademais de fomentar o coñecemento da nosa cultura musical, axúdase a potenciar as destrezas manuais e a imaxinación dos rapaces.

Os debuxos e os dorsos dos debuxos, deberanse enviar (escaneados ou fotografiados) por correo electrónico á Tradescola (  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  )ata o 28 de abril de 2023.

O xurado do certame estará composto por membros do profesorado da Tradescola, que seleccionarán un total de 10 debuxos finalistas que serán premiados cun lote de material didáctico. Dos 10 debuxos finalistas, seleccionarase un gañador@ que recibirá un premio consistente na matricula de balde nunha materia na Tradescola no curso 2023/2024. O centro educativo ao que pertenza @ gañador@, terá tamén un agasallo a maiores, consistente nun concerto didáctico de música tradicional a cargo da Tradescola no curso 2023/2024.

Se o teu centro de ensino quere participar pode poñerse en contacto coa Tradescola por correo electrónico ou chamando ao 982229966 . Esperamos os vosos debuxos!!!!

Concerto didáctico da Tradescola en San Cibrao (Cervo)

Varios / 18.04.23

cartaz cdtrad_abril cervo - copiaA Tradescola realizará mañá unha nova actividade de promoción e difusión da música e do baile tradicional na provincia de Lugo. Concretamente, o mércores 19 de abril achegarase ata o concello de Cervo, concretamente á casa da Cultura de San Cibrao, para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares do CEIP Península da Paz. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Realizarase un concerto didáctico, que estará impartido polos mestres da Tradescola, Roberto Rodríguez, Miguel Anxo López, Germán Díaz e Jose Manuel López: No concerto amosaránselle aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.

Estos concertos son moi importantes para a Tradescola, xa que estes posibles novos músicos e bailadores serán os que xoguen un papel básico no futuro das nosas tradicións, da nosa música, canto e baile e como non, tamén da nosa lingua.

Páxina 4 de 438