Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

A Festa dos Fachos de Vilelos -O Saviñao - Lugo e o 70 aniversario da Asoc. Cultural Cántigas e Frores o vindeiro domingo no "Recuncho da Palleta"

ms13c1f1 22530A Asociacion de Gaiteir@s Galeg@s estaremos de novo no "Recuncho da palleta" dentro do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero este domingo. Nesta ocasión contaremos con Vítor Otero que nos falará da Festa dos Fachos de Vilelos -O Saviñao - Lugo, do 70 aniversario da Asoc. Cultural Cántigas e Frores e informaranos de numerosas actividades previstas para as vindeiras semanas.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

E lembra que nas madrugadas de luns a martes (de 01:00h a 02:00h), na Radio Galega, tes unha cita coas "Escolmas Musicais" de Lume Na Palleira.

* Fotografía de Roi Fernández (Fonte a Voz de Galicia)

 

Este domingo arrancamos unha nova tempada do Recuncho da Palleta falando da Danza e Contradanza de Darbo

lumepalleiraO vindeiro domingo a Asociacion de Gaiteir@s Galeg@s voltará a CRTVG, co espazo o "Recuncho da palleta" dentro do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero. Nesta ocasión contaremos con Gustavo Couto que nos falará da Danza e contradanza de Darbo.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

E lembra que nas madrugadas de luns a martes (de 01:00h a 02:00h), na Radio Galega, tes unha cita coas "Escolmas Musicais" de Lume Na Palleira.

I Memorial Mingos de Pita

memorial mingosO vindeiro sabado 22 de setembro terá lugar o I Memorial Mingos de Pita no Auditorio Municipal de Melide ás 20.00 horas. Será un acto homenaxe en lembranza de Mingos no primeiro cabodano do seu pasamento.

Intervirán:Mero Iglesias e David Otero e contarase coa música de Comando Curuxás e Tino Baz.

VI Xornadas arredor da música tradicional - Programa

vi-xornadas-arredor-cartaz prog_webNon te o vindeiro sábado 15 de setembro nas VI Xornadas arredor da Música Tradicional na Casa da Gaita (en Viascón).
Entrada de balde, previa reserva de praza no teléfono 986 847 074 ou en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

PROGRAMA

10.00 – Apertura e entrega de documentación

10.15 – Relatorio I: “A dataçao de instrumentos históricos através da dendrocronologia”. Alexandra Lauw

               11.00     Quenda de preguntas

11.10 – Relatorio II: “Música e paisaxe”. Pablo Carpintero

               12.40     Quenda de preguntas

12.50 – Descanso

13.05 -   Presentacións de publicacións

             13.05     “Maruxa das Cortellas. Tocadora do pandeiro…”. Xulia Feixóo

 13.20     “Mulleres de Gargamala! Cantares de tradición oral”. Xulia Feixóo e Guillerme Ignacio. 

             13.35     “Terra E Alma” de Moisés Quintas. Editorial Canela

13.55 – Xantar

16.15 – Relatorio III: “Os instrumentos medievais no noroeste da Península Ibérica”. Francisco Luengo

               18.15      Quenda de preguntas

18.30 – Descanso

18.45 – Relatorio IV: “A gaita de fol na música das elites da Francia do s.XVIII”. Lois Prado.

               19.30     Quenda de preguntas

19.40 – Relatorio V: “Modelo de representación gráfica da música de tradición oral para gaita: o caso de Manuel López, gaiteiro de Poso”. Daniel Fernández

Feira do 48 - 70 aniversario de Cántigas e Frores

feira cntigasSábado e domingo tedes unha cita en Lugo!! os días 8 e 9 de setembro na Praza Maior de Lugo celebraremos que Cántigas e Frores cumple 70 anos!!
Vide bailar, tocar, cantar, xantar ....A Feira do 48 é o acto central da celebración do 70 aniversario de Cántigas e Frores e haberá actuacións, artesanía, obradoiros e gastronomía para tod@s!!!.program feira 48

 

Páxina 11 de 452