Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

Varios

Xa están a venda as rifas para o sorteo de instrumentos da mostra de Pardiñas 2019

imaxe rifas pardiasXa están a venda as rifas para o sorteo de instrumentos de música tradicional AGG - XXVI Mostra de intrumentos de música tradicional Pardiñas 2019 que se celebrará os días 3 e 4 de agosto en Pardiñas, Guitiriz , Lugo.

Os instrumentos que se sortean este ano son: 

Unha gaita, un tambor, un pandeiro e unha pandeireta!!

Serán froito, a gaita: do traballo colaborativo de "Os canallas", (Alberto Pires, Oli Xiráldez, Benito Queimaliños, Afonso Castro, Patricia González e Pablo Martínez) que de novo se volven a poñer mans a obra para crear este instrumento único para a ocasión, o tambor é unha doazón do obradoiro "Manels Percusión", o pandeiro é unha doazón de "Xosé Tunhas Percusión"e a pandeireta e as baquetas son doazóns de "Foliqueiras".

Premiazos!!! Non pérdala túa oportunidade de conseguir un destes instrumentos!!!

Para adquirir a túa rifa podes poñerte en contacto con nós nos teléfonos 986.847.074 / 982.229.966 ou a través do mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Bases do Sorteo premendo no título da nova

Ler mais. Xa están a venda as rifas para o sorteo de instrumentos da mostra de Pardiñas 2019

 

V xuntanza folk "Follas de Olivar"

follas olivarO vindeiro domingo 23 de xuño a partir das 12.00 horas, terá lugar a V Xuntanza Folk "Follas de Olivar" en A Ínsua (Carreira Ancha) Pontecaldelas,  organizada polos Xeitosos da Ínsua.

Actuacións antes do xantar con Nós tamén imos e os Fervellos do Pío, logo xantar campestre e seguidamente obradoiro de baile tradicional con Damián Cordo e xa pola tardiña actuacións de Paiaso Peter Punk, A. C. Veira do Río, Os Xeitosos da Ínsua, Tradisón, Carapaus e Habelas Hainas!!!

Haberá tamén diversos postos de artesanía que estarán polo recinto.... E logo, festa, moita festa... na foliada!! E ás 12 da noite fogueira de San Xoan. Non faltedes!!

 

CELEBRACIÓN DOS 10 ANOS DA TRADESCOLA!!!!

10 anos tradeEstamos chegando ó remate do 10º curso da Tradescola e queremos celebralo ao grande!!

O xoves día 20 de xuño ás 19:30 horas teremos o concerto de fin de curso na Praza de Anxo Fernández Gómez (Lugo)!!!

E o sábado 22 de xuño nos xardíns da Tradescola estades tod@s convidad@s a celebrar os 10 anos da Tradescola a partir das 19:00 horas!! 

Pasiño a pasiño chegamos aos 10 anos da Tradescola convertidos nunha familia con grande paixón pola nosa música e o noso baile, e queremos contar con tod@s vós para celebralo por todo o alto. Contaremos coa actuación de Os Carunchos e despois foliada libre!!!

Esperámoste para cantar, tocar, bailar, soprar as velas e comer a tarta entre tod@s!!!

 

 

 

   

O grupo Charamuscas no vindeiro Recuncho da Palleta

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Vítor Otero e a visita do grupo Charamuscas.

 

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.


 

Concerto de fin de curso da TRADESCOLA

concerto festivalfincurso_web - pqO vindeiro xoves 20 de Xuño a partir das 19.30 h, celebraremos o final de curso da Tradescola cun concerto que terá lugar na Praza de Anxo Fdez. Gómez (Lugo). Esta actividade na que actuarán alumnos e profesores da Tradescola porá peche ao curso 18/19. (en caso de choiva será no Centro Cultural do Vello Cárcere)

E xa pensando no vindeiro curso, temos a matrícula aberta ata finais do mes de xuño para tod@s @s alumn@s da Tradescola que queirades continuar asistindo a clase no curso 2019/2020. As matrículas para novo alumnado realizaranse no mes de setembro.

A Tradescola, que contou neste curso con preto de 300 alumnos matriculados, conta no seu equipo docente con 10 recoñecidos mestres do eido da música tradicional que son os encargados de impartir as aulas de: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto tradicional, percusión, requinta e linguaxe musical , ademais de aulas específicas para os máis pequenos.

 

   

Páxina 1 de 472