Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

O Bringuelo Cultura Tradicional no vindeiro Recuncho da Palleta

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, estaremos en directo dende Arzúa con Vítor Otero conversando con O Bringuelo Cultura Tradicional.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

 

Isidro Vidal no vindeiro Recuncho da Palleta

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con con Gustavo Couto e a visita de Isidro Vidal, gaiteiro que superou o reto #composición365 de compoñer unha peza musical por cada día do pasado ano 2018.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

 


 

O 3 de marzo trae o teu instrumento a Lugo!!

3m lugo trad

 O día 3 de marzo, na manifestación nacional de Lugo polo 8M, trae o teu instrumento, tocaremos (tonalidade de DoM): Mallou, San Roque, Muiñeira do Chao, Xota das Neves e Cuba. Consulta as partituras aquí: https://www.dropbox.com/sh/s9w7vhcjhlk5uyr/AABf9lEnoUjQ0SP2MtGbUOGya?dl=0.

Acudide numerosas e difundide!

O Entroido chega á TRADESCOLA!!!!

cartaz trad_entroido2019Xa estamos no Entroido e na Tradescola, escola de música e baile tradicional galego que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, queremos celebralo cunha nova actividade de difusión e promoción da cultura tradicional propia destas datas!!

O vindeiro martes día 26 de febreiro coñeceremos o Entroido Ribeirao da man dos nosos compañeiros da Asociación Amigos do Entroido Ribeirao que nos ofrecerán unha charla sobre o seu Entroido para que todos os asistentes coñezamos un pouco máis desta parte do noso patrimonio inmaterial. Será no salón de actos da Tradescola (Centro Lug 2 - Rúa Pintor Corredoira 4 - Lugo) a partir das 16.30 horas.(entrada de balde ata completar aforo)

Ao remate da charla, acompañarannos polas rúas de Lugo no Folión que partirá da Tradescola ás 18.00 h. e onde todos os alumnos e alumnas que queiran participar irán marcando os ritmos característicos do Folión. Faranse paradas en distintas rúas e prazas da cidade e realizaranse pequenas intervencións con bailes e cantos típicos do entroido.

Quen queira participar no Folión pode traer bombos, chocas, ou “ferramenta” (sachos, cunchas, latas… o que faga ruido) e acompañar cos toques no Folión. Animádevos a acompañarnos!!!

 

A TRADESCOLA ACHEGARÁ A MÚSICA TRADICIONAL ÁS NENAS E NENOS DE BECERREÁ E BARALLA

cartaz cdtrad_baralla- pq 2A Tradescola,  xestionada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo, achegarase o vindeiro venres 22 de febreiro ata Becerreá e Baralla para realizar dúas novas xornadas didácticas de música tradicional para escolares. Con estas xornadas, a Tradescola achegará á comunidade escolar a nosa música e as nosas tradicións, dun xeito ameno e didáctico, amosándolle ao alumnado os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega, así como a evolución dos instrumentos e das formacións musicais que pcartaz cdtrad_becerreaa -pqrogatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos. Estos concertos didácticos terán lugar a partir dás 10.30 horas no Ceip San Xoán de Becerreá e no CPI Luis Díaz Moreno de Baralla, e estarán guiados polos mestres da Tradescola Branca Villares, Bruno Villamor e Miguel Anxo López.

 

Páxina 8 de 456