Varios / 05.12.19
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto e a visita dos Abrentes de Cerdedo para festexar o seu 25 aniversario e presentarnos as súas novas gravacións
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Varios / 29.11.19
Xa está a piques de chegar o Nadal e na Tradescola queremos darlle a benvida organizando numerosas actividades para nen@s e maiores!!! Reserva os días que contamos coa túa participación!!
Venres 13 de decembro:
*todas as actividades serán no salón de actos da Tradescola (Lug 2 – R/ Pintor Corredoira 4 – Lugo). Entrada de balde ata completar aforo.
E ademáis……
Concurso de Debuxo de Nadal para alumnado da Tradescola (dende os 4 aos 13 anos) (infórmate na oficina de coordinación)
Día 21 de decembro: Festa de Benvida ao Apalpador (distintos colectivos e asociacións lucenses darémoslle a benvida ao Apalpador na Praza Maior de Lugo)
Obradoiros de Nadal : do 23 de Decembro ao 3 de Xaneiro. (infórmate no tlf. 982229966 ou no mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo )
Nos vindeiros días informarémosvos mais polo miúdo de todas as actividades!!
Varios / 29.11.19
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Xaime Estévez amosaranos unha escolma de distintas interpertacións do popular "Pasodoble de San Roque".
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Varios / 28.11.19
O vindeiro domingo 15 de decembro a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s (AGG) organiza unha nova edición das Xornadas de Baile tradicional galego para tod@s os amantes do noso baile que terán lugar na Casa Común de Oza, no concello de Teo, A Coruña.
Nestas xornadas, patrocinadas pola Deputación da Coruña e que contan coa colaboración do Concello de Teo, contaremos con obradoiros guiados por Montse Rivera, Manolo Cobas e Carlos Xosé Vidal.
Estas xornadas están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición.
PROGRAMA:
10.15 - Apertura e entrega de documentación
10.30 - Relatorio- Obradoiro
Montse Rivera – “ O baile en Grixoa”
12.00 - Descanso
12.15- Relatorio- Obradoiro
Manolo Cobas - " O baile na Baña"
13.45 – Xantar
16.30h - Relatorio- Obradoiro
Carlos Xosé Vidal - “ Val da Barcala – O rabo do raposo ”
LUGAR: Casa Común de Oza (Teo)
DATA: Domingo 15 de decembro
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o luns día 9 de decembro para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.
Animádevos a participar!!! Esperámosvos!!!
Varios / 26.11.19
A Casa da Cultura de Melide levará por nome Mingos de Pita, como popularmente era coñecido o activista cultural da localidade, Xosé Domingos Fuciños, falecido hai dous anos.
D. Xosé Domingos Fuciños Gómez (Mingos de Pita), ademais das decisivas achegas ao dinamismo musical e cultural de Melide, foi tamén socio fundador da AGG e unha figura clave nos inicios da nosa Asociación.
Mingos participou, xunto con outros gaiteiros e artesáns da súa xeración, nas primeiras xuntanzas que se levaron a cabo en Ortigueira e Melide, cunha común preocupación que era defender e dignificar a figura do noso instrumento nacional, a gaita, e por suposto a figura do gaiteiro.
Dende a AGG aledámonos deste merecido recoñecemento a Mingos de Pita, e sempre lle estaremos agradecidos da labor que desenvolveu ao longo dos anos pola nosa cultura.