Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

Oferta de emprego AGG: Posto de mestr@ de zanfona na Tradescola curso 2019/2020

tradescolaA AGG convoca a praza de mestre ou mestra de zanfona (acompañada de canto) na TRADESCOLA, (LUGO) para o vindeiro curso 2019/2020 ( inicio do contrato en setembro). @s candidat@s deberán enviar o seu currículo á AGG, antes do día 25 de agosto a través de correo electrónico a:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Unha vez valorados os currículos recibidos, unha comisión de selección realizará as entrevistas oportunas e a Xunta Directiva, oída a comisión de selección, decidirá as persoas a seleccionar.

A selección definitiva terá como prazo máximo de resolución o día 31 de agosto.

 

A ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA A XXVI EDICIÓN DA MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL EN PARDIÑAS - GUITIRIZ

cartaz - copia pqUn ano máis a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s (AGG), a través da comisión de artesáns, achégase ata o Festival de Pardiñas para organizar a que será a "XXVI Mostra de Instrumentos de Música Tradicional". Esta mostra, consagrada como a máis antiga e importante da Península Ibérica, é hoxe un referente indispensable da música tradicional galega. Un lugar de encontro onde tod@s @s amantes da nosa cultura poden gozar de dous días cheos de festa e ademais coñecer de preto o gran traballo de mais de 30 artesáns e artesás que nos traen unha amplísima variedade de instrumentos tradicionais como gaitas, requintas, zanfonas, tambores, bombos, pandeiretas, trompas, violíns,...

Como nas pasadas edicións, na mostra non faltará ademais a música e o baile tradicional, que estarán presentes durante a fin de semana a través de actuacións en directo e obradoiros.     

Esta edición estará dedicada a Santiago Caneiro Aneiros, Presidente de Honra da AGG e Presidente da nosa asociación durante mais de dúas décadas; co seu traballo e a súa adicación loitou incansablemente pola nosa cultura tradicional, sempre con humildade e de xeito altruísta, e sempre a disposición do que fixera falta en calquera lugar do país. Santiago deixounos o pasado 15 de xullo, mais xa forma parte do noso imaxinario colectivo e dende a AGG seguiremos traballando na súa memoria.programa

XXVI Mostra de Instrumentos de Música Tradicional - TODA A INFORMACIÓN DA PROGRAMACIÓN PREMENDO NO TÍTULO DA NOVA

Ler mais. A ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA A XXVI EDICIÓN DA MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL EN PARDIÑAS - GUITIRIZ

Pesar polo pasamento de Xaquín Míguez, "Xocas"

 xocasOnte deixábanos Xaquín Míguez, mais coñecido como "Xocas", gaiteiro, artesán, compositor e mestre xeneroso que adicou a vida á música tradicional.
Nado en Pazos de Borbén, emigrou a Brasil con apenas 14 anos e levou a nosa gaita polo mundo; Canadá, Estados Unidos, Inglaterra,Libia, Malta,... Voltando anos despois á súa terra para montar o seu obradoiro de artesán.
O noso colectivo ten un grande pesar polo seu pasamento, máis teremos sempre o seu legado na nosa memoria colectiva.
Que a terra che sexa leve!

Finou Santiago Caneiro

santi webHoxe finou Santiago Caneiro un dos bos e xenerosos que deu a Nosa terra, adicou a súa vida á música tradicional, en multitude de tarefas, facendo grabacións de Campo aos nosos vellos, impulsando asociacións culturais de base, grupos de Gaiteiros, de pandeireteiras, bandas de gaitas, escolas de musica tradicional, facendo foles de gaitas, mellorando os instrumentos de percusión, empresas de xestión cultural, sempre con humildade e de xeito altruista.

Sempre a disposición do que fixera falta en calquer lugar do país, foi peza clave e fundamental na construción da Asociación de Gaiteiros Galegos que hoxe temos, como vogal da zona de Ferrol, como Secretario e como Presidente dende o ano 1993 ata o ano 2015, que foi nomeado Presidente de honra da AGG.

El aprendeunos a traballar dende a base, con visión de País, e mais construír o presente da música tradicional tendo sempre en conta o pasado que chegou a nós de mans dos vell@s músic@s e bailador@s tradicionais.

Estamos de loito, mais Santiago Caneiro xa forma parte do noso imaxinario colectivo, seguiremos traballando na súa memoria. 

Compartimos a dor da familia, e mandámoslle unha grande aperta do colectivo que él tan ben representou durante tantos anos!

A capela ardente permanecerá no Tanatorio Artabria, (A Gándara, Narón) na Sala 8 ata mañá as 18.30h. cando se fará a saída cara ó cemiterio Pantín, Valdoviño.

Xosé Manuel Fernández "Muxicas" protagonista do vindeiro Recuncho da Palleta

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos traerá unha nova entrega da serie sobre compositores de pezas para gaita, nesta ocasión con Xosé Manuel Fernández "Muxicas" como protagonista... e cunha grande sorpresa a maiores!!

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

Páxina 1 de 454