Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

Cántigas e Frores de Lugo no vindeiro Recuncho da Palleta

26907535 10155651381694807_7867660771108750616_nEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Vítor Otero que nos falará sobre a Asociación Cultural Cántigas e Frores de Lugo e sobre a 37 edición do Curso de Cultura Tradicional que organiza esta asociación todos os anos nas datas de Semana Santa.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

 

A Tradescola achegarase o vindeiro martes 23 de abril ata Vilalba para realizar unha nova xornada didáctica de música tradicional para escolares.

cartaz cdtrad_vilalba 3 pqA Tradescola,  xestionada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo, achegarase o vindeiro martes 23 de abril ata Vilalba para realizar unha nova xornada didáctica de música tradicional para escolares.

Amósarémoslles os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da nosa música tradicional e popular galega a tod@s @s alumn@s do CEIP A. Insua Bermúdez de Vilalba en dous concertos que terán lugar as 11.00 horas e as 12.30 horas e estarán guiados polos mestres da Tradescola Carme López, Paula Fernández e Bruno Villamor.

As labradas e a i-aña no Condado - Paradanta no vindeiro Recuncho da Palleta

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Guillerme Inácio Costa que nos falará sobre as labradas e a i-aña no Condado - Paradanta.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

Asamblea Xeral anual da AGG

logo-aggO vindeiro domingo 7 de abril a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s celebra a súa Asamblea Xeral ordinaria anual.

Será ás 11:00h. en primeira convocatoria, e ás 11:30h. en segunda convocatoria. Este ano celebrarase no Auditorio do Museo do Pobo Galego, sito na Rúa San Domingos de Bonaval S/N, Santiago de Compostela.

Na asamblea, entre outros puntos a tratar, farase un repaso polas actividades realizadas e tamén se falará dos proxectos de futuro nos que se está a traballar, de maneira que todos @s soci@s podan ver de primeira man o traballo realizado pola asociación.

VI Edición do Memorial Henrique Otero "O Mar na obra do Gaiteiro do Fragoso"

cartaz memorialho2019_web 2 - copiaO vindeiro sabado 27 de abril de 2019 a partir das 19.30 horas terá lugar en Vigo a VI Edición do Memorial Henrique Otero "O Mar na obra do Gaiteiro do Fragoso", organizada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s e o Conservatorio Superior de Música de Vigo, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e a Radio Galega. Concretamente celebrarase no Auditorio Martin Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo. (Rúa Manuel Olivié, 23 – O Castro – Vigo)

Os grupos participantes nesta edición do Memorial son:

A SENEIRA BAIONA

AGRUPACIÓN FOLKLÓRICA BREOGÁN DE MOAÑA

BANDA DE GAITAS RAIGAMES

CONSERVATORIO DE TORROSO - MOS

CORO GALEGO DO C.C. ABRENTE DE MOS

MOAÑESA DE MÚSICA E DANZA - PENAVEIRA

NOITAREGA

OS CARUNCHOS

OS TERRIBLES DE DONAS

Henrique Otero Covelo, O Gaiteiro do Fragoso, como el mesmo quería que o lembrasen, foi un personaxe clave para comprender e coñecer boa parte do mundo da gaita en Galicia, en particular en Vigo e a súa comarca. Foi un dos mellores expoñentes da tradición gai­tística galega, figura de transición entre o gaiteiro rural tradicional e o gaiteiro urbano, pero tamén entre o gaiteiro de oído tradicional e o gaiteiro músico actual.

Son moitos os méritos que habería que recoñecerlle a este gran gaiteiro, pero sen dúbida, o que maior pegada deixou para o futuro foi o de conseguir que foran recoñecidos, por primeira vez na his­toria, os estudos oficiais de gaita ga­lega polo MEC no ano 1977.

Dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s gustarianos contar coa vosa presencia neste Memorial, esperámosvos a tod@s o vinderio día 27!!

Páxina 6 de 455