Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

Beatriz Busto no vindeiro Recuncho da Palleta

lumepalleiraEste domingo, 24 de marzo, no "Recuncho da palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Vitor Otero. Xuntos entrevistarán a Beatriz Busto sobre o traballo que fixo en relación á presenza da música tradicional no NODO. Tamén tentarán facer unha conexión co  24 Xantar Gaiteiro - Homenaxe a Antón Corral que se celebra en Tui.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

 

A TRADESCOLA ACHEGARÁ A MÚSICA TRADICIONAL ÁS NENAS E NENOS DE PORTOMARÍN

 

cartaz cdtrad_portomarin - copiaA Tradescola,  xestionada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo, achegarase o vindeiro luns 25 de marzo ata Portomarín para realizar unha nova xornada didáctica de música tradicional para escolares.

Con esta xornada, a Tradescola achegará á comunidade escolar a nosa música e as nosas tradicións, dun xeito ameno e didáctico, amosándolle ao alumnado os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega, así como a evolución dos instrumentos e das formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos.

Este concerto didáctico terá lugar a partir dás 10.00 horas no CEIP Plurilingüe Virxe da Luz, e estará guiado polos mestres da Tradescola Carme López, Paula Fernández e Miguel Anxo López.

Obradoiro de Pandeira (nivel medio) na Tradescola.

cartazobradoiro pandeira - copiaO vindeiro domingo día 31 de marzo terá lugar un obradoiro de Pandeira (nivel medio) na Tradescola. Branca Villares será a encargada de guiar o obradoiro onde nos amosará distintas técnicas e posibilidades deste instrumento de percusión.

O Obradoiro, que conta coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, pretende achegar a nosa música e a nosa cultura tradicional a toda a poboación interesada; é de balde e ten as prazas limitadas, tendo preferencia @s alumn@s da Tradescola e @s soci@s da AGG, que disporán ata o xoves 28 de marzo para inscribirse, e a partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.

Para inscribirse no obradoiro ou para recibir mais información pódese contactar coa Tradescola chamando ao tlf 982229966 ou a través do correo electrónico  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo enviando o teu nome, tlf e mail.

Esperámosvos!!!

Derradeiro día para inscribirse no 24 Xantar Gaiteiro da AGG

 

xantargaiteiro2019 cartelwebpqO 24 Xantar Gaiteiro da AGG terá lugar o vindeiro domingo 24 de Marzo en Tui e farémoslle unha merecida homenaxe ao mestre Antón Corral!!! Se queres asistir podes anotarte durante o día de hoxe nos teléfonos 986 84 70 74 / 982 22 99 66 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Como xa sabes, esta xuntanza ten como finalidade principal a de pasar un día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional, creando así un punto de encontro, de intercambio e de festa.

O programa será o seguinte:

12:00h. Homenaxe a Antón Corral no Auditorio Municipal de Tui

14:30h. XIV Xantar Gaiteiro no restaurante Cruceiro do Monte (Camiño Cruceiro, 23. Saída de Tui cara a Baiona)

MENÚ: 1º- Sopa de Cocido, 2º Cocido galego, postre, viño, auga e refrescos.

PREZO: 22 euros por persoa (que serán entregados ao entrar).

Para poder asistir ao xantar será necesario a previa inscrición. Data límite para a reserva: 20 de marzo.

Sons de Marzo na Tradescola

concerto sonsmarzo - pqO vindeiro luns 25 de marzo, esperámosvos no concerto SONS DE MARZO, un concerto-audición a cargo de alumnado e profesorado da Tradescola.

Será no salón de actos da TRADESCOLA (Rúa Pintor Corredoira nº 4 - Lugo) a partir das 19.30 horas!!! Non faltedes!!!

Entrada de balde!

Páxina 3 de 451