Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

A AGG colabora con Nós Diario abordando distintas temáticas relacionadas coa música, o baile e a cultura tradicional galega

01. xaneco. serans ruadas polavilas e foliadas 3A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s está a colaborar con Nós Diario abordando distintas temáticas relacionadas coa música, o baile e a cultura tradicional galega a través de artigos mensuais realizados por membros da Xunta Directiva, dende a perspectiva da xente do baile e da música tradicional.

Dende a AGG queremos compartir con vos estos artigos, onde compartimos as nosas inquedanzas, análises e relatos que coidamos sexan do interés de tod@s vos.

O primeiro dos artigos (preme no título da nova para velo) foi realizado por Xaneco Tubío, presidente da AGG e leva por título "Seráns, ruadas, polavilas e foliadas". Un artigo onde se fala do nacemento de coros e grupos folclóricos no século XX, que logo na dictadura foron ridiculizados, pero que afortunadamente nos últimos tempos estamos a vivir o seu rexurdir mantendo viva a nosa música, o noso canto e o noso baile.

O segundo dos artigos (preme no seguinte enlace para ver o artigo completo) foi realizado por Daniel Fernández e leva por título "Historia dunha melodía", A Alborada que Rosalía publicara en 1863 nos seus Cantares desencadeou a comezos do século XX unha historia de pesquisas e rivalidades.

https://www.nosdiario.gal/opinion/daniel-fernandez-lopez/historia-dunha-melodia/20200206105551090868.html

O terceiro dos artigos (preme no seguinte enlace para ver o artigo completo) foi realizado por Gustavo Couto e nel quixemos "homenaxear a Erminda Miramontes", muller pandereiteira e bailadora, natural de Ponte Grixoa

https://www.nosdiario.gal/opinion/gustavo-couto/homenaxe-erminda-miramontes/20200305131742092513.html

E o derradeiro artigo que compartimos hoxe (preme no seguinte enlace para ver o artigo completo) foi realizado por Xaime Estévez, e leva por título "O gaiteiro do Fragoso (Vigo 1930-2013): memorial virtual ou a virtude da memoria", un artigo realizado cando se cumpren 7 anos do pasamento do mestre Henrique Otero Covelo, un símbolo histórico do ensino oficial da gaita en Galicia e do músico gaiteiro na nosa historia máis recente

Neste artigo quere agradecer unha vez máis a colaboración de tódolas institucións, músicos  e danzantes da tradición que pasaron polos seis memoriais feitos e deben ser incluidas ademáis das agrupacións que se nomean "A Seneira e a Escola de Danzas Vila de Baiona" e o grupo "O Son do Río de Mondariz".

https://www.nosdiario.gal/opinion/xaime-estevez/gaiteiro-do-fragoso-vigo-1930-2013-memorial-virtual-virtude-da-memoria/20200413132324095108.html

 

"Mestras da tradición: A Illa de Ons" no vindeiro Recuncho da Palleta

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Guillerme Inácio que abordará o canto de tradición oral na Illa de Ons a través de diversas gravacións realizadas entre os anos 60 e a actualidade.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas

O Memorial virtual de Henrique Otero no vindeiro Recuncho da Palleta

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos falará sobre o Memorial Virtual de Henrique Otero o 18 de Abril. Neste recuncho faremos un repaso de todos os memoriais feitos ata o momento dende o 2014 (seis) e tamén falaremos da homenaxe en vida no 2010, e escoitaremos audicións de distintas agrupacións que gravaron pezas del como Treixadura, Noitarega, Manxadoira,Abóbriga ou os Terribles de Donas e incluso algunha interpretada polo propio Gaiteiro do Fragoso....

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas

 

As músicas de #tradicióncontraovirus no vindeiro Recuncho da Palleta

 

 

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero,  contaremos con Gustavo Couto que nos amosará diversas músicas de #tradicióncontraovirus.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas

Homenaxe a Erminda Miramontes

ermindaPandereteira e bailadora é natural de Ponte Grixoa, aldea que actualmente pertence ao Concello de Santiago, pero que con anterioridade pertencia ao desparecido concello de Enfesta.
Moi coñecida pola xente que se adica ao canto e ó baile tradicional, pola súa casa pasaron e pasan compiladores de tódolos lugares do noso país, porque inda a día de hoxe, ós seus 89 anos, segue recibindo no seu fogar, a todo aquel que se achegue a preguntarlle se sabe algunha melodía das de antes, das que se tocaban nas Foliadas de Grixoa. Esas que se facían os domingos, logo de toda a semana de duro traballo no campo, Foliadas, Polavilas, Seráns, xuntanzas onde cantar e bailar e grazas ás que chegaron a nós multitude de melodías e cantigas, que se mantiveron vivas na memoria de informantes como Erminda.
Foron moitas persoas ás que lle foron a recoller eses tesouros en forma de melodías e puntos que ela garda na súa memoria. Melodías que escoitou de nena e de moza, a seu pai, nas foliadas, no campo, pero tamén recorda, que algunhas as aprendeu duns canteiros que foron arranxar a igrexa de Grixoa que eran da Terra de Soutelo de Montes. Deles aprendeu unha das coplas mais coñecidas das que recorda, que interpretou xunto con Leilía no primeiro albúm do grupo.

Neste día que estaba destinado a facerlle un mais que merecido recoñecemento a Erminda, e que por motivos do confinamento polo coronavirus non pudemos levar a cabo, quixemos dalgún xeito agradecerlle igualmente a súa xenerosidade e facerlle chegar o agarimo que tantas persoas lle teñen, polo que falamos con algunhas delas para que lle fixeran un pequeno vídeo.
Velaquí a lista de reproducción con esas mensaxes de agarimo e agradecemento. https://www.youtube.com/playlist?list=PLtY6qbbjmn1ycavB1ZzY7cer52Ob9DBjQ 

Páxina 2 de 462