Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

AGG

Lembranza a Antón Fraguas, protagonista do día das Letras Galegas

cartaz antonfraguas_web

O vindeiro domingo día 12 a Casa da Gaita acollerá o acto Lembranza a Antón Fraguas en homenaxe a esta gran figura da nosa cultura, que tanto fixo a prol da súa conservación e divulgación.

Antón Fraguas Fraguas dedicou a súa vida ao estudo da cultura e do territorio galego en diferentes ámbitos, con especial atención e mestría á antropoloxía. Ademais, cos seus traballos contribuíu a defender o idioma propio como lingua de expresión en calquera ámbito. Foi historiador, profesor e director e presidente do Museo do Pobo Galego, así como un dos fundadores da Sociedade de Lingua e membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos, no que inaugurou, baixo a dirección de Otero Pedrayo, os estudos de xeografía histórica. Entrou en contacto co galeguismo de mozo, cando estudou Bacharelato en Pontevedra, onde comezou a ter interese pola cultura galega grazas a docentes como Antón Losada Diéguez, ou Castelao.

Recibiu, entre outros galardóns, o Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba e o Premio das Letras e das Artes da Xunta de Galicia. Escribiu sobre xeografía e arqueoloxía, pero no campo no que máis destacou foi na cultura campesiña. As festas e romarías populares, as cantigas, as crenzas e os costumes,...

No evento que celebramos o domingo, faremos unha achega a algúns dos seus textos vencellados a nosa música tradicional e contaremos coa participación de Sonsoles Martínez, que colaborou na reedición do Cancioneiro, poñendo música algunhas das súas cantigas. Rematando co Himno Galego.

 

Este domingo no Recuncho da Palleta presentamos o disco "Homenaxe aos Campaneiros de Vilagarcía"

 Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto e a presentación do disco colectivo de "Homenaxe a Os Campaneiros de Vilagarcía" do que se sortearán 3 exemplares.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

 

Trioprata no vindeiro Recuncho da Palleta

Lume na palleira

O vindeiro domingo, no "Recuncho da palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Gustavo Couto, levaranos a visita do grande mestre gaiteiro Xermán Soneira acompañado polos seus compañeiros de Trioprata: Juan Nogareda e Chema Cebeiro, para presentarnos o libro-disco 'O Son Da Mahía'.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

II Xornadas de Requinta

xornadasrequinta web2Despois dun 2018 cargado de actividades, comezamos un novo ano de traballo en prol da nosa música e baile tradicionais coas II Xornadas de Requinta!!
Serán o vindeiro sábado 26 de xaneiro na Casa Común de Oza, co patrocinio do Concello de Teo.
Estas xornadas, que naceron coa intención de cubrir a demanda existente por parte d@s nos@s asociad@s e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, serán de balde, previa inscrición.
Permanecede atentos ás novas que en breve publicaremos todos os detalles do programa!!!

LUGAR: Casa Común de Oza (Concello de Teo)

INSCRICIÓNS: Nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.

 

O Ciclo do Nadal no Recuncho da Palleta

lumepalleiraO vindeiro domingo, no "Recuncho da palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Guillerme Inácio traeranos cantares do Ciclo do Nadal en galego do seu arquivo, na voz das propias informantes.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

Páxina 1 de 42