Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

O Quiquiriquí

AGG / 14.12.06


Xa está nas tendas O Quiquiriquí!!!! Impulsado e producido pola Asociación de Gaiteiros Galegos, realizado por Casa de Tolos e coeditado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e PAI-Música, trátase de un traballo adicado a difundir as tradicións galegas relacionadas co Nadal mediante un libro, un CD e un DVD.

Ao longo da semana que ven realizaranse presentacións por toda Galicia, estas datas xa están confirmadas:

LUNS,18

FERROL - Galerías Sargadelos as 20h. presentador Tino Baz
PONTEVEDRA - Biblioteca Central as 20h. presenta Luis Caruncho.

MARTES,19

CAMBADOS- Livraría Ramón Cabanillas as 20h. presenta Tino Baz
OURENSE-Cafetería Auriense as 21h. presenta Luis Caruncho.



XOVES, 21

SANTIAGO DE COMPOSTELA - Corte Inglés as 19h. presenta Tino Baz
VIGO - Corte Ingles as 20h. presenta Luis Caruncho.

VENRES, 22

A CORUÑA- Corte Inglés as 20h. presenta Tino Baz
LUGO- Centro Social Uxío Novoneyira as 20 h. Presenta Luis Caruncho.

III DÍA DO ORGULLO GAITEIRO

Festivais, Foliadas, Romarías / 13.12.06

Información relativa ao
III DÍA DO ORGULLO GAITEIRO




VENRES 15 de decembro do 2006
21:00 hs Orgullosa festa gaiteira, con música “ao vivo”
Local da Asociación Cultural A ESMORGA, rúa Telleira 9 (zona universitaria)

SÁBADO 16 de decembro do 2006
15:00 a 17:00 hs ; LUME NA PALLEIRA Programa da Radio Galega adicado á nosa música, en directo dende Ourense, con Emilio Españadero.
18:00 hs Charla-coloquio: “O estudo reglado da gaita” con Xose Lois Miguélez Saínza, “Pilís”, gaiteiro e saxofonista ourensán que ven de convertirse no primeiro titulado superior de conservatorio en música tradicional galega, especialidade de gaita, da historia do noso país.
19:00 hs Charla-coloquio: “Orgullo, tradición e mercado” con membros da familia de artesáns “Seivane”, presentando a súa nova web www.seivane.es .
20:00 hs Actuación do grupo ANACOS DE BUXO
no intermedio ACTO DE HOMENAXE
Emilio Españadero, director e conductor do programa da radio galega “Lume na Palleira”, que este ano celebra o seu décimo aniversario, dez anos de radio por e para a música do noso país.
Faustino Santalices (“in memoriam”), gaiteiro e zanfonista ourensán, pioneiro na recuperación, estudo e valorización do noso patrimonio musical. Recollerá o premio o seu fillo, tamén D.Faustino Santalices.
Tódolos actos no Ateneo de Ourense (Edificio Torre , parque de San Lázaro)
22:30 hs : CEA-HOMENAXE no restaurante do Centro de Servicios AIXIÑA, rúa da Farixa 7 , finca Farixa (ao lado do Pavillón de Finca Sevilla) . Prezo 15 euros PLAZAS RESERVADAS, necesaria reserva previa ate o xoves día 13, no e-mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e nos teléfonos 609022512 e 606777718.

Pablo Carpintero

ALALA / 12.12.06

A noite do martes 12 no Alala...


O equipo do programa compartirá co público o coñecemento dun verdadeiro crack da música tradicional: Pablo Carpintero, un magnífico gaiteiro que ademais é un dos maiores expertos en folclore do noso país, que constrúe e restaura instrumentos, produce discos, organiza exposicións de instrumentos antigos, dirixe varios grupos, colabora en programas de radio e intenta por todos os medios que a cultura tradicional chegue a todos.

Pablo Carpintero é un home xeneroso que doou todo o material acadado durante anos de traballo de recollida ao Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega, e por esa xenerosidade e polo seu altísimo nivel de coñecementos é admirado e querido polos outros músicos e estudosos da tradición. A pesar de ser aínda novo, leva feito un enorme labor de estudo e recuperación da cultura tradicional e agora traballa na que será a primeira tese de doutoramento dedicada á gaita galega. Para el será o segundo doutoramento, porque este Leonardo da Vinci da nosa terra é ademais doutor en Ciencias e un destacado investigador no eido da xenética molecular.

Neste programa coñecerase ademais a súa faceta máis familiar, as súas reflexións sobre a situación actual da cultura en Galicia, e saberase moitísimo sobre a gaita e outros curiosos instrumentos galegos que forman parte da completa colección que posúe Pablo Carpintero.

III CERTAME GALEGO DE CANTARES DE REIS

Concursos e Certames / 11.12.06

Remitimos información de interese enviada polo concello de Boimorto:

Dándose conta de que a tradición dos cantares de Reis permanece aínda viva nesta nosa comarca e en moitas outras de Galiza, coa intención de conservala e darlle pulo e relevancia, o Concello de Boimorto convoca para o día 6 de xaneiro do ano de 2.007 o III Certame de Reis.
Asimesmo e co gallo de tentar facéremos un inventario-arquivo das panxoliñas(vilancicos) e cantares de Reis tradicionais que aínda se conservan na memoria das xentes da Comarca da Montaña da provincia de A Coruña e de todo Galiza. Este Concello de Boimorto convoca o II Concurso de Recolla de Panxoliñas e Cantares de Reis.


máis información e Bases do concurso
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=290

Presentación do Quiquiriqui en You Tube

AGG / 08.12.06

No seguinte enderezo web

http://www.youtube.com/watch?v=D9PxscbB9aE

podedes ver ao video que Casa de Tolos preparou coa presentación do traballo titulado "O Quiquriquí" (libro-cd-dvd) no CGAC de Santiago de Compostela coa presenza do Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, D. Luís Bará Torres, e Pablo Carpintero, membro da Xunta Directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos.

Máis información en www.oquiquiriqui.com

Cantigas e Agarimos: 85 aniversario

Concertos / 08.12.06








O vindeiro domingo, 10 de decembro, a Asociación cantigas e Agarimos vai celebrar o seu 85 aniversario cunha gala no Autorio de Galicia. Será ás 19:30 e as entradas, que custarán 5 euros, estarán a venda en O Xa chegou, A Mouga, Cantigas e Agarimos e nas taquillas do propio Auditorio de Galicia.







III Día do Orgullo Gaiteiro

Festivais, Foliadas, Romarías / 06.12.06



Reprodúcese, de seguido, información relativa ao III Día do Orgullo Gaiteiros a celebrar en Ourense os vindeiros días 15 e 16 de decembro de 2006. Toda a información en www.gomesmouro.tk

Moi boas a tod@s

Compráceme anunciarvos a III Edición do día do Orgullo Gaiteiro, organizada polo Aula de Música Tradicional Gomes Mouro de Ourense, que terá lugar os vindeiros 15 e 16 de nadal, e á que vos agradecería lle dérades á maior difusión posible.

DE ONDE VEN E POR QUÉ O “DÍA DO ORGULLO GAITEIRO”

Do 17 de decembro do ano 1458 data o documento, achado polo escritor e historiador Xesús Ferro Couselo, no que o gaiteiro “Gomes Mouro”, do que a nosa Asociación toma nome, é recibido como veciño da vila de OURENSE. Esa data supón pois a primeira constancia escrita da presenza dun gaiteiro en Ourense (a segunda en toda Galiza), e foi tomada pola Aula desde hai xa varios anos como xornada “reivindicativa” e lúdica arredor da nosa música tradicional.
Esa data sempre fora celebrada dun xeito "informal" pola xente da Aula mais no ano 2004, decidimos oficializala, bautizándoa como o “DÍA DO ORGULLO GAITEIRO”, un día no que fronte á universalización que nos conquista, tan enriquecedora e tan empobrecedora ao mesmo tempo, deixar ben claro que a nosa música segue viva, animando a todos os músic@s tradicionais a facer un exercicio de auto-estima combativa fronte a outras músicas que nos inundan.


Máis información.

Curso de Zanfona en Lugo

Cursos / 04.12.06

O pasado xoves 23 de novembro tivo lugar o acto de presentación do Curso de Zanfona que a AGG promove na cidade de Lugo. Neste acto de presentación estiveron presentes Xaneco Tubio (Secretario da AGG), Rubén Cela (Dtor Xeral de Xuventude da Xunta de G.) Branca Rodriguez Pazos (Delegada Prov de Vicepresidencia da Xunta de G.) e o mestre Luis Correa "Caruncho".

Este curso, que conta coa colaboración da Direción Xeral de Xuventude, da Vicepresidencia da Xunta e máis co patrocinio do Plan de xestión do Xacobeo, ten como obxectivo cubrir un baleiro educativo na provincia no tocante á música tradicional. As clases serán impartidas por Luis Correa (Caruncho) e pretenden impulsar a tradición de acompañar, coa melodía da zanfona, os nosos romances e coplas.

Seivane, Premio Nacional Innova

Varios / 04.12.06


A nova Páxina Web de Obradoiro de Gaitas Seivane, que foi inaugurada o pasado día 3 de novembro, foi galardoada co premio Innova dos Premios Nacionales de Artesanía. O premio é concedido polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, e prima ós artesáns que afrontan os novos retos do presente e do futuro, aproveitando os medios que as novas tecnoloxías poñen ao seu alcance.

A nova páxina de Seivane, densa en contidos en catro idiomas, dispón, ademais, de un configurador que permite crear, ver a fotografía e coñecer o prezo de calquera das gaitas fabricadas no obradoiro.

O premio será entregado o vindeiro 19 de decembro no salón de actos do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Paseo da Castellana, 160 en Madrid.

-I Cursos de música tradicional-

Cursos / 30.11.06


A Asociación Cultural "Os Abrentes de Cerdedo" está levando a cabo uns cursos de música tradicional a nivel Terra de Montes. Impártense na antiga cámara agraria da localidade de Cerdedo tódolos Sabados e cada clase é dunha hora de duración aproximadamente.

Os cursos son de: Gaita galega, pandeireta e canto tradicional, baile tradicional e acordeón.

Terán o seu remate a finais do mes de Xuño do 2007.

Tódolos interesados e máis información:
www.osabrentes.tk - Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo - 675.223.159 - Rubén


Formulario de inscrición



Páxina 410 de 438