Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

Nova publicación para gaita galega



O Gaitero Xosé Luís Miguélez acaba de sacar ó mercado o libro “Estudios Volume I: Nivel Iniciación”, dentro dos “Cadernos de Gaita Galega” da editorial Dos Acordes.

O “Estudio” é o paso intermedio entre o exercicio técnico e a peza, unha especie de exercicio con forma musical. Con estas publicacións preténdese aportar unha ferramenta máis, fundamental no estudio de calquera outro instrumento musical, ó ensino da gaita.

Os contidos deste primeiro volume son adecuados para iniciarse, dunha forma amena e progresiva, na aprendizaxe do instrumento, así como para o seu posterior perfeccionamento; dividido en catro niveis, correspóndese cos catro cursos oficiais do Grao Elemental de Gaita Galega que se imparte nos conservatorios públicos de Galicia. Cada nivel consta de dez estudios e unha peza, o que conforma corenta estudios e catro obras en total.


Mais información.

Ler mais. Nova publicación para gaita galega

 

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Co fin de potenciar o funcionamento das escolas de música a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas.

A orde do 6 de febreiro de 2006 está destinada a subvencionar o funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de música das asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música e radiquen na Comunidade Autónoma de Galicia, desde o 1 de xaneiro de 2006 ata o prazo límite de xustificación de gastos. A cantidade concedida poderá acadar unha contía máxima por beneficiario de 4.000 euros.

Tamén foron publicadas sendas axudas para conservatorios e escolas de música de titularidade pública.


Mais información.

Ler mais. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Crónica dunha adxudicación anunciada

A Deputación adxudícalle á Asociación Galega de Bandas de Gaitas a asistencia técnica para crear e xestionar unha escola provincial.

Hai máis de dous meses que a AGG advertiu do traxe feito á medida que levaba o concurso público convocado pola Deputación de Pontevedra para a creación dunha escola de gaitas e percusión na nosa provincia, á medida de Hipólito Cabezas, presidente da Asociación Galega de Bandas de Gaitas da Provincia de Pontevedra.

As nosas sospeitas confírmanse agora coa adxudicación do concurso. Dito fallo non supón ningunha sorpresa se temos en conta os criterios de avaliación tomados como referencia (nos que se primaba co 50% da nota un criterio tan subxectivo como é a orixinalidade dun proxecto, e tan só cun 15% da nota o profesorado incluído no proxecto…), así como a un xurado tan coñecedor e versado na música tradicional como o é o formado por D. Rafael Louzán e José Juan Durán, entre outros expertos…


Mais información.

Ler mais. Crónica dunha adxudicación anunciada

Concerto de Gaideón en Vigo o luns 27 de febreiro ás 19:30



O vindeiro luns 27 de febreiro de 2006, a partir das 19:30 horas o grupo Gaideón (Coral Lago e Carlos Peixoto) realizará un concerto de antroido na praza da Constitución de Vigo. Colaboran o Concello de Vigo, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" e a Federación Veciñal "Eduardo Chao".

GAIDEÓN, nace como grupo na primavera do ano 2003, da man de dúas persoas experimentadas en diferentes formacións tradicionais galegas e, co compromiso único, de interpretar Música Tradicional de Galiza.
Como xeito expresivo, escollen a formación de “dúo”, coa intención de traballar nun dos xeitos de agrupación de músicos tradicionais galegos, que na actualidade vai a menos; pero tamén por ser unha formación que permite a interpretación musical dun xeito esencial, prescindindo conscientemente de máis ornamento instrumental.




Mais información.

Ler mais. Concerto de Gaideón en Vigo o luns 27 de febreiro ás 19:30

Curso de Técnica de Interpretación de Gaita Galega

Os vindeiros días 18 e 19 de abril de 2006, no Conservatorio de Música de Ourense, terá lugar o

CURSO DE TÉCNICA E INTERPRETACIÓN DE GAITA GALEGA

impartido por

JUAN BARCÓN PEÑA
e
BRUNO VILLAMOR GAY

HORARIO DO CURSO: De 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00 horas (o horario pode sufrir modificacións en función da matrícula).

INFORMACIÓN
Secretaría do Curso
Rúa Pablo Iglesias, s/n
32004 – OURENSE
Teléfono: 988391047 – Fax: 988391971
E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Organiza: Conservatorio Prof. de Música de Ourense
Colabora: Asociación de Gaiteiros Galegos



Mais información.

Ler mais. Curso de Técnica de Interpretación de Gaita Galega

Páxina 445 de 462