Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

Serán en Borreiros o 25 de xuño



OLA: ESTE SÁBADO, 25 DE XUÑO, E A PARTIR DAS 21:00 HORAS, SERÁN NO CENTRO CULTURAL DE BORREIROS (GONDOMAR)

NON FALTES!!!!!!!!!!!!!!

Ler mais. Serán en Borreiros o 25 de xuño

 

5º Aniversário Conservatório de Música Tradicional e Folque de Lalin

O Conservatório de Música Tradicional e Folque de Lalín celebra o seu quinto aniversário cunha série de actividades e concertos.



Mais información

Ler mais. 5º Aniversário Conservatório de Música Tradicional e Folque de Lalin

V ROMARÍA DE LECER DE XACARANDAINA

Os vindeiros días 18 e 19 de Xuño celebrarase a "V ROMARÍA DO LECER" no Parque de Santa Margarida da Coruña.

O sábado terá lugar a "GRAN FOLIADA", onde grupos como Xiradela,
Donaire, Cántigas da Terra, Raigañas, Nemeth, Brincadeira,
Xacarandaina... e todos os que quieran e se animen poderán bailar e
tocar a partir das 21:00 horas.

O domingo, a partir das 11:00 horas e durante todo o día, realizarase
a "Clausura de Actividades" da A. X. Xacarandaina, con xogos para os
nenos, contacontos, e moitas sorpresas máis.

¡Vinde e disfrutade de dous días de festa con bochince, pulpo,
churrasco e oficios tradicionais!


Mais información

Ler mais. V ROMARÍA DE LECER DE XACARANDAINA

Éxito rotundo da I Romaria da Música Tradicional

O sábado 11 de xuño de 2005 tivo lugar en Pontevedra a "I Romaria da Música Tradicional". Podemos calificar o acto de éxito rotundo, sendo unha proba clara de que a música tradicional na província de Pontevedra está viva e goza de moi boa saude.


Mais información

Ler mais. Éxito rotundo da I Romaria da Música Tradicional

COMUNICACION DA DIRECTIVA DA AGG.

A Asociación De Gaiteiros Galegos, ante as publicacións recentes na prensa sobre o pre-acordo coa Deputación de Pontevedra, e ante as explicacións que demandan os músicos tradicionais galegos ao respecto, informa:

1º A Deputación de Pontevedra propón a creación de unha escola única para o cal achegará 100.000 euros a maiores dos xa concedidos á Asociación de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra.

2º O único condicionante da Deputación é a integración das dúas partes en unha única escola que impartirá distintos instrumentos, todos exclusivamente tradicionais, estando os contidos pormenorizados das materias pendentes de definir.

3º A concesión desta subvención depende de que a AGG chegue a un acordo coa ABGPPP no que, evidentemente, a AGG defenderá incondicionalmente a postura que ven a manter con respecto aos aspectos formais e de fondo con respecto á música tradicional.

4º De momento non hai nada asinado e nin sequera falado xa que está pendente a entrevista co presidente da ABGPPP co que a AGG xa se puxo en contacto.

5º No caso de que non haxa acordo, a AGG seguirá liderando e alentando unha oposición férrea e *sen cuartel* ao modelo que se pretendía introducir na provincia.

Por todo isto, a directiva da AGG prega a tódalas agrupacións e persoas que nos prestaron o seu apoio que continúen unidos e seguros de que faremos todo o que estea na nosa man para dar unha solución aceptable e vantaxosa ao problema.

Pontevedra, 8 de xuño de 2005.
A directiva da AGG.

Páxina 447 de 453