Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

III Mostra de Cuartetos Tradicionais



Do 1 ao 13 de novembro de 2005 terá lugar unha nova edición da Mostra de Cuartetos Tradicionais organizada pola Asociación Cultural Picuíña de Marín.

Iste ano, teremos as seguintes actividades que xiran en torno ao mítico grupo "Os Morenos de Lavadores"

• EXPOSICIÓN ( 2 ó 13 de Novembro )
• SERÁN MAGOSTO ( sábado 5 de Novembro )
• CHARLA TÉCNICA ( sábado 12 de Novembro 16:30h )
• MESA REDONDA ( sábado 12 de Novembro 18:30h )
• CONFERENCIA ( sábado 12 de Novembro 20:30 h )
• ACTUACIÓN MUSICAL ( sábado 12 de Novembro 21:00 h )
• CEA GAITEIRA ( sábado 12 de Novembro 22:00 h )

Se desexas consultar o programa completo podes visitar http://www.mostradecuartetos.com/ ou en formato pdf facendo click

aqui.
 

Reunión co Director Xeral de Creación e Difusión Cultural




Na tarde do martes 25 de outubro de 2005 membros da Xunta Directiva da
Asociación de Gaiteiros Galegos tiveron unha reunión co Director de
Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galiza, D. Luis Bará Torres.

Na mesma comezaron a valorarse distintos proxectos de colaboración interesantes para ambas partes. As ideas que foron estudadas durante a reunión serán concretadas nun futuro inmediato por parte da AGG para a correspondente valoración por parte da Xunta de Galiza, emprazando a realización ao ano 2006.

Sen nengún xénero de dúbidas a música tradicional comezará a ocupar o papel que lle corresponde dentro da nosa sociedade.

Lume na Palleira retorna á programación da Radio Galega




Este sábado 29 de outubro de 2005 o programa "Lume na Palleira", presentado por Emilio Españadero, retorna á programación da Radio Galega, en horario de 15 a 17 horas.

Despois dun período no cal a Dirección da Radio Galega prescindiu do antedito programa, de novo teremos un programa dedicado á música galega onde a parte máis tradicional continuará a ter presenza, dentro do espazo "O Recuncho da Palleta".


Mais información.


Ler mais. Lume na Palleira retorna á programación da Radio Galega

Nova reunión con D. José Juan Durán Hermida

Na tarde do pasado venres 20 de outubro, o deputado de cultura e vicepresidente da Excma. Deputación de Pontevedra D. José Juan Durán Hermida, recibiu a representantes da Asociación de Gaiteiros Galegos. Esta Asociación tiña solicitada esta cita dende hai máis 15 días para informar da ruptura unilateral das negociacións sobre a escola de gaitas da Deputación por parte do presidente da Asociación de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra, D. Hipólito Cabezas Gómez.


Mais información.

Ler mais. Nova reunión con D. José Juan Durán Hermida

2º Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana

O vindeiro sábado 5 de Novembro, festa rachada e convivencia astur-galaica na Casa Grande de Vilanova (A Estrada). Vide tod@s compartir anacos de cultura entre pobos curmáns, da man das pelicas e ferreñas e dos cantos ancestrais das nosas cantadeiras que nos botarán a beillar e a troulear deica a o nacer do día.

Programa.

-20,30h. Recibimento na Casa Grande de Vilanova (A Estrada):

www.casagrandevilanova.com ; www.casagrandedevilanova.com.

- 21,30h. Cea-confraternización a base de produtos do país (polbo, carne ao caldeiro, postre, café con “jotas e muiñeiras”...).

-23,30h. Actuación dos grupos de pandereteiras:
-Dulcamara (Uviéu-Asturies).
-Veña que vai! (O Morrazo-Galiza).
-¿¿??h. Festa rachada deica a alborada (cando menos!!).



Mais información.

Ler mais. 2º Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana

Páxina 449 de 462