Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

Segunda reunión con José Juan Durán Hermida

Deput. Pontevedra / 27.05.05

O pasado xoves 26 de maio de 2005 tivo lugar unha segunda reunión co Deputado Delegado de Cultura, D. José Juan Durán Hermida, e a Asociación de Gaiteiros Galegos.

Durante a mesma a AGG insistiu na paralización do convénio asinado entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación Gallega de Bandas de Gaitas y Percusión de la Provincia de Pontevedra, aportando as mais de 11.000 sinaturas recollidas que avalan a nosa proposta.


Mais información

Proposta desde a AGG á Deputación de Pontevedra

Deput. Pontevedra / 23.05.05

O luns 16 de maio solicitou-se entrevista co Presidente da Deputación de Pontevedra co obxecto de continuar as conversas sobre o convénio asinado entre a Deputación e a Asociación de Bandas de Gaitas y Percusión de la Provincia de Pontevedra. A dia de hoxe non temos resposta do organismo público.


Mais información

Catálogo de músicos da Limia: Música Tradicional

Publicacións / 21.05.05








Disponible en Livraria Torga, www.torga.net








Presentación da Banda de Gaitas “Cántigas e Frores”

Varios / 20.05.05

Comunicación aberta a tódolos Profesionais Galegos do Ensino.

Deput. Pontevedra / 16.05.05

Resposta da AGG á Nota aclaratoria do Sr. Cabezas aos Centros de Ensino de Pontevedra.

Como resposta á nota aclaratoria que se reproduce ao final, e que O señor Hipólito Cabezas remitiu aos centros de ensino de Pontevedra nos que impartiu ultimamente charlas para a captación de alumnos para as escolas de gaita da Excma. Deputación de Pontevedra, a AGG ven de enviar aos mesmos centros o comunicado que segue e que quere facer extensivo por medio deste portal, a tódolos profesionais do ensino galego para que enfoquen este complicado problema e axunden a resolvelo na súas propias aulas


Mais información

Resultados do "I Concurso de Música Tradicional Escola de Gaitas de Ortigueira"

Concursos e Certames / 16.05.05

O resultado do "I Concurso de Música Tradicional Escola de Gaitas de Ortigueira" Foi o seguinte:

Grupo gañador: "OS CHAFARICOS" de Alfoz (Lugo) cos temas Vals Lembrandoche (X. Bandín) e a Rumba Olla como se peneira ( X. Lois Romero)

2º Premio: "OS FONTESUAIRAS" (A Coruña). ¡Ei,... Moneixas! (Rep. Os Dezas de Moneixas). O rodicio (A. Anta Seoane)

3º Premio: "OS SETE ESTALOS" (A Coruña). O Escornabois (Agustín Sánchez).


Mais información

Cantos e Bailes da Galiza; José Inzenga; Estudo e ed. crítica de J.L.d.P. Orjais

Publicacións / 12.05.05








Disponible en todas as librarias do pais; p.ex. en "Livraria Torga" de Ourense www.torga.net na tenda "A Grileira", de Compostela http://personal.telefonica.terra.es/web/grileira/







CONCENTRACION NO MORRAZO.

Deput. Pontevedra / 11.05.05

O colectivo de asociacións e músicos tradicionais do Morrazo, ven de convocar unha concentración frente á Casa do Concello de Cangas o vindeiro sábado 14 de maio ás 11:30 co lema "Escolas si, pero tradicionais"


Mais información

Repichoca nas Pontes

Festivais, Foliadas, Romarías / 11.05.05

Repichoca As Pontes-2005



O vindeiro sábado 21 de mayo, terá lugar nas Pontes a II REPICHOCA POPULAR.

A organización correrá a cargo dos distintos grupos da Vila.

Comezará as 12 horas coa xuntanza dos participantes no parque municipal diante do Concello, dende aquí farase un pasarruas ata o parque da Fraga. Alí, na antiga feira do gando (local do pulpo) terá lugar as 14 horas, un xantar para toda-las persoas que previamente así o solicitaron.

A partir das 16 horas queda invitada toda a xente que: tivera, teña ou vaia ter algunha relación coa música tradicional. Casi imprescindible levar algún instrumento e pode que sexa obrigado usalo.

Tratarase por todo-los medios de ter algún tipo de líquido para “mollare as palletas”.

A hora do remate decidirase sobre da marcha.

Xornaes d´estudiu de La Gaita asturiana.

Varios / 10.05.05

Páxina 434 de 438