Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas

Novas

LIII CONCURSO DE GAITAS DO PAÍS DE PONTEAREAS. 2020

Varios / 25.08.20

concurso ponteareasO concello de Ponteareas xa ten aberto o prazo de inscrición do 53 Concurso de Gaitas de Ponteareas que terá lugar o sábado 19 de setembro.

Poderán participar no concurso todos os grupos de gaitas que toquen con instrumentos tradicionais galegos, sen modificación de ningún tipo.

Os grupos participantes interpretarán dúas pezas de libre elección, de raíz melódica galega.

Os grupos interesados teñen de prazo ata o día 7 de setembro do 2020 para mandar as súas inscricións.

RELACIÓN DE PREMIOS:

- 1º premio 1.800,00 € + unha gaita de Gaitas Gil e un tamboril de Sarín Percusión doados por Artesanía de Galicia

- 2º premio 1.200,00 € 

- 3º premio 900,00 €  

- 4º premio 600,00 € 

O Concello de Ponteareas outorgará unha gratificación de 300,00 euros aos grupos en concepto de participación, agás o 1º premio, o 2º premio, o 3º premio e o 4º premio, conforme a das Bases de Execución do Orzamento Municipal.

Toda a información, bases completas e anexos para as inscricións no seguinte enlace:

https://ponteareas.gal/servizos/cultura/bases-cultura/

 

 

 

Oferta de emprego AGG: Posto de mestr@ de acordeón na Tradescola curso 2020/2021

Varios / 12.08.20

tradescolaA AGG convoca a praza de mestre ou mestra de acordeón na TRADESCOLA, (LUGO) para o vindeiro curso 2020/2021 ( inicio do contrato en setembro**sempre que as condicións sanitarias por mor da Covid19 o permitan). @s candidat@s deberán enviar o seu currículo á AGG, antes do día 24 de agosto a través de correo electrónico a:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Unha vez valorados os currículos recibidos, unha comisión de selección realizará as entrevistas oportunas e a Xunta Directiva, oída a comisión de selección, decidirá as persoas a seleccionar.

A selección definitiva terá como prazo máximo de resolución o día 31 de agosto.

27 mostra de instrumentos de música tradicional

Varios / 31.07.20

 

programa2pqMañá estaremos en Parga na 27 mostra de instrumentos de música tradicional!! Consagrada como a máis antiga e importante da Península Ibérica, é hoxe un referente indispensable da música tradicional galega. Un lugar de encontro onde tod@s @s amantes da nosa cultura podemos gozar do traballo de 33 artesáns e artesás que nos traerán unha amplísima variedade de instrumentos tradicionais como gaitas, requintas, zanfonas, tambores, bombos, pandeiretas, trompas, violíns...
listadopq

 

Medidas de seguridade para a 27 mostra de instrumentos de música tradicional

Varios / 27.07.20

 

cartaz pardiasINFORMACION IMPORTANTE!!Xa queda pouco para a 27 mostra de instrumentos de música tradicional que terá lugar o vindeiro sábado día 1 de agosto en Parga!! 

Como sabedes esta será unha edición especial cun formato diferente, adaptado á situación que estamos vivindo, e con todas as medidas de seguridade esixidas por mor da Covid 19. 

Debemos facer todas e todos un exercicio de responsabilidade e cumprir as medidas de prevención vixentes para poder disfrutar desta mostra e ao mesmo tempo coidarnos e evitar contaxios, e ao que incumpla as normas invitaráselle a abandoar o recinto.

A continuación indicámosvos as medidas de seguridade que teremos durante toda a xornada

-O recinto estará debidamente acotado e valado, cunha única entrada e cunha única saída con persoal que controle o aforo.

-O aforo estará permanentemente controlado e limitarase segundo a asistencia.

-Obrigatoriedade do uso de máscaras no interior do recinto.

-Obrigatoriedade de manter as distancias de seguridade.

-Haberá dispensadores de xel hidroalcohólico na entrada e na saída do recinto, en todos os puntos de venta e en distintos lugares como aseos, a zona do escenario … etc.

-Non se permitirá a presenza no recinto daquelas persoas que incumpran estas normas.

-O recinto estará sinalizado e para visitar a mostra contarase cun circuíto nun solo sentido para facer o percorrido por diante de todos os postos da mostra, non se permitirá ir para adiante e para atrás na zona dos postos, nin aglomeracións diante dos mesmos.

-Non se permitirá tocar para evitar aglomeracións e agrupamentos de público que incumplan coas distancias de seguridade.

-Estará prohibido probar os instrumentos dos artesáns. **No caso de utilización de obxectos que se intercambien entre os clientes ou usuarios, procurarase o uso de forma recorrente de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con carácter previo e posterior ao seu uso para a hixienización destes obxectos.

- Os asistentes ás distintas actividades ( pregón, presentación libro Seivane, mesa redonda e concerto de Tres Pesos) deberán permanecer sentados nas cadeiras habilitadas.

-Disporase de contedores para depositar panos e calquera outro material desbotable.

-Contarase cun equipo de megafonía durante todo o día lembrando a obrigatoriedade do uso das máscaras e de manter a distancia de seguridade en todo momento.

-Colocarase carteleira visible lembrando a obrigatoriedade do uso das máscaras e de manter a distancia de seguridade en todo momento.

-Baños – aconséllase limitar o seu uso na medida do posible, pero contarase con persoal para desinfección dos mesmos.
#MostraDeInstrumentosDeMusicaTradicional
#FestivaldePardiñas #agg

XXVII edición da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional en Parga- Guitiriz.

Varios / 26.07.20

cartaz pardiasHoxe queremos compartir con vos a programación da XXVII edición da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional. A AGG decidiu facer unha edición especial desta mostra que terá lugar o vindeiro día 1 de agosto, nun maravilloso entorno como é o recinto da feira de Parga. Pero eso si, unha edición cun formato diferente, adaptado á situación que estamos vivindo, e con todas as medidas de seguridade esixidas por mor da Covid 19.

O programa é o seguinte

11.30 horas – Apertura da mostra
12.00 horas – Pregón – Afonso Castro
13.00 horas – Presentación do libro “Xosé Seivane. A gaita con maiúscula” (aforo limitado)
14.00 horas – Xantar15:30 horas – Mesa redonda - Artesáns de instrumentos -"Onte e hoxe dun oficio" (aforo limitado)
17.30 horas – Apertura da mostra
19.30 horas – Concerto - Tres Pesos (aforo limitado)
21.00 horas – Peche da mostra


 

Pesar polo pasamento de Pepe Temprano

Varios / 25.07.20

pepe tempranoHoxe temos que informar dunha triste nova. A música tradicional está de loito polo pasamento do gran gaiteiro Pepe Temprano.

Un home moi querido, que adicou toda a súa vida á nosa música tradicional, cunha traxectoria histórica de enorme calidade artística.

Os comezos de Pepe na música tradicional tiveron a súa orixe na familia. De pai gaiteiro e tamborileiro, tío gaiteiro e avó acordeonista, Pepe Temprano medrou escoitando “Os Tempranos de Eirís da Cruña”, o primeiro cuarteto de gaitas que houbo na Coruña e As Mariñas e que atopou en Pepe o relevo xeracional.

Comezou a enredar coa gaita de maneira autodidacta, cando contaba con 16 anos e seguiu con Fernando Álvarez, quen se ofreceu a ensinarlle.

Na súa prolífica vida como gaiteiro, tocou en multitude de escolas e grupos. Tocou nos Tempranos de Eirís, na Fábrica de Tabacos, na Asociación de Coros e Danzas Eidos, Aturuxo, Coros e Danzas da Sección Femenina, e practicamente en todos os grupos de A Coruña. Como el dicía, “coa gaita ao lombo” percorreu o mundo tocando en multitude de lugares; Porto Rico, Miami, Bos Aires, París, Bélxica, Holanda, Nova York e por suposto por todo o país.

Home polifacético onde os haxa, Pepe Temprano, tamén foi actor, chegando a rodar unha trintena de spots publicitarios.

Apaixoado do folclore, fotógrafo afeccionado, Pepe tamén foi un coleccionista nato, atesourando coleccións tanto discográficas como de instrumentos, auténticas xoias a través das cales foi cultivando un intenso coñecemento sobre a nosa música.

Sempre lembraremos a Pepe como un gran gaiteiro, un home amable, sinxelo, aberto, e moi amigo dos seus amigos. Dende a AGG compartimos a dor e lamentamos fondamente a perda de Pepe, un membro destacado e ben querido desta gran familia. DEP

"De pano sedán vestida", un artigo de Marina Fdez. Vigo para Nós Diario

Varios / 24.07.20

marina f. vigoA AGG segue a colaborar con Nós Diario abordando distintas temáticas relacionadas coa música, o baile e a cultura tradicional galega a través de artigos mensuais realizados por membros da Xunta Directiva.
Nesta ocasión queremos compartir con vos o artigo de Marina Fdez. Vigo "De pano sedán vestida", onde fala do imaxinario feminino na música tradicional.

Podedes ver o artigo no seguinte enlace: https://www.nosdiario.gal/opinion/marina-fernandez-vigo/pano-sedan-vestida/20200723101756101939.html

"A gaita, historia dunha alma roubada", un artigo de Álvaro R. Carballo para Nós Diario

Varios / 24.07.20

alvarocarballoA AGG segue a colaborar con Nós Diario abordando distintas temáticas relacionadas coa música, o baile e a cultura tradicional galega a través de artigos mensuais realizados por membros da Xunta Directiva. 

Nesta ocasión queremos compartir con vos o artigo de Álvaro R. Carballo "A gaita, historia dunha alma roubada", onde fala da orixe da gaita.

Podedes ver o artigo no seguinte enlace: https://www.nosdiario.gal/opinion/alvaro-rodriguez-carballo/gaita-historia-dunha-alma-roubada/20200625131637100185.html

Lembranza ao noso Santi Caneiro, cando fai un ano do seu pasamento.

Varios / 15.07.20

santi caneiro pq

 Hai un ano que nos deixou o noso Santi Caneiro, facemos lembranza del con este poema de Luz Pozo Garza, e este vídeo do ano 1992 coa agrupación Berce no domingo das mozas do San Froilán de Lugo.

 

 

“Este home trae

herba nos pés

e un regato de violíns

nas maus.

Polas súas coxas

ruben hedras de

música.

Non petedes nas

portas de noite

nin botedes a rolo as

pombiñas,

que este home

trae tódolos paxaros

na súa gaita.

Xan non se deitan

nenos polo prados.

O gaiteiro fai fitas de

millo

e na súa boca hai

vento de oriolos.

A mesma chuvia,

vertical citola,

non baixa desde

Deus, rube da gaita”.

Enlace ao vídeo do ano 1992 coa agrupación Berce no domingo das mozas do San Froilán de Lugo https://www.facebook.com/AGGtradiciongalega/videos/282390053016618/

Fotografía de J.Presedo.

XXI Memorial Ricardo Portela

Varios / 14.07.20

fotomostra webEste fin de semana estaremos en Pontevedra nunha nova celebración do Memorial Ricardo Portela. Será os días 17 e 18, e traerá algunhas novidades para cumprir coas medidas de seguridade precisas por mor da Covid-19.

Nesta edición a mostra de artesáns de instrumentos de música tradicional ficará no Paseo Antonio Odriozola e como é habitual, poderemos desfrutar de música tradicional durante todo o día con pasarrúas polo centro histórico da cidade. Pero onde se reflicten os maiores cambios é nas actuacións de escenario, xa que o aforo estará limitado a 187 persoas, as cales deberán permanecer sentadas durante os concertos.

Programa XXI Memorial Ricardo Portela

Venres 17 de xullo
De 17.00h. a 21.30h. - XVIII Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais
De 17.30h. a 20.30h. - Pasarrúas: Airiños do Petouto, Maraghotas, Os Gaiteiros da Rías Baixas, Os Muiñeiros do Sarela
21.00h. - Concerto: Fiandola

Sábado 18 de xullo
De 11.30h. a 14.00h. e de 17.30h. a 21.30h. - XVIII Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais
De 11.30h. a 13.30h. e De 18.00h. a 20.30h.: Pasarrúas: Cántigas e Frores, Carme López e Sandra Pérez, Contracocheno, Picuiña e Os Xirifeiros
21.00h. – Homenaxe: Felicia Insuela
21.15h. - Concerto: Os Melidaos

Artesáns da Mostra:
Afonso Castro, Alberto Pires, Foliqueiras, Iago Salgado, Lorena Reinaldo, Luís Martínez, Master Gaita, Nebra, O Chilro, Oli Xiráldez, Tunhas e Xaneco

Páxina 21 de 438