Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

O músico Xocas sairá nunha serie documental internacional

13.09.11

Galicia coñéceo xa polas súas participacións en programas de música folclórica. Durante a emigración en Brasil, deixou patente a súa mestría á gaita alén do Atlántico. Agora, chega a quenda de Alemaña. A fama de Xaquín Míguez, coñecido como Xocas, esténdese como a pólvora e o próximo ano chegará ás pantallas de todo o mundo da man dunha produción francoalemana, que preprara unha serie documental na que o popular artesán e músico de Pazos de Borbén terá o seu pedazo de protagonismo.

«Chegaron para preguntar e facer contactos. Ao cabo duns días chamaron para confirmar que escolleran o meu traballo para sacar», recorda este gaiteiro, que actualmente participa no grupo Os Quintelas, de Redondela.

   

Festival internacional de Música Medieval

13.09.11

Ao longo desta semana, do 12 a 18 de setembro terá lugar un concerto cada día na igrexa de San Domingos de Bonaval, 20:30 h. en Santiago e con entrada libre. Baixo o título Trobeiros galegos medievais e a súa época, Santiago será escenario dun festival internacional de música medieval cuxos protagonistas serán as composicións musicais dos xograres da Idade Media, cando o galego era a principal lingua de expresión musical, mesmo na corte castelá do rei Afonso X o Sabio.

   

Grande éxito de Sondeseu non Music Centre de Helsinky durante o Encontro da Rede Europea de Orquestras Folk ENFO

13.09.11

A Orquestra Folk de Galicia “SondeSeu” acadou con grande éxito o aplauso unánime do público congregado na sá SONORA do recentemente inaugurado Musiikkitalo de Helsinki, o novo Music Centre da cidade, no que o governo finés invertiu 180 millóns de Euros para a súa posta en marcha. O pasado dia 7 e co repertorio do seu último traballo discográfico “Barlovento” deu cumprida mostra das enormes posibilidades que ofrece este novo tipo de formación na escea folk europea. Sons evocados por instrumentos tradicionais, agrupados por seccións numerosas, consiguen conformar una orquestra cunha densidade tímbrica que a aproxima a una experiencia sinfónica, mais con toda a enerxía, proximidade e denominación de orixe  que ubica o oído da audiencia nunha experiencia novidosa e engaiolante.

   

O segundo programa, con Talabarte e Cástor Castro no Arruando.

09.09.11

Seguimos con forza no arranque da segunda tempada desta aventura radiofónica. Tocará presentar un dos discos máis exitosos neste verán. Un trío formado por tres grandes músicos como son Quim Farinha, Pedro Pascual e Kim García que se chama... TALABARTE.

Ademáis, comezamos coa sección "Arruando". Ata Ourense chegou Javier Garaloces para falar con CÁSTOR CASTRO, o noso mestre de cerimonias para este recuncho. Non vos perdades ademáis das interesantes anécdotas que nos contou, algún corte que seguro que vos gustará, algún aínda non saíu nunca á luz.

Podedes escoitalo no 103.4 da FM (A Coruña) ou en cuacfm.org

http://folkintrio.blogspot.com/

   

Bastavales acolle a xornada de campás de Os Chichisos

08.09.11

O grupo Os Chichisos leva este ano á igrexa parroquial de San Julián de Bastavales, en Brión, A Coruña, a súa tradicional xornada de Campás e campaneiros, que se celebrará o próximo sábado, día 10. Trátase da cuarta edición desta iniciativa, que pretende dar a coñecer unha linguaxe sonora que non hai tanto tempo avisaba de calquera acontecemento especialmente nas parroquias do rural, tanto sociais coma relixiosos, dende unha morte ou unha voda, ata unha catástrofe.

O grupo pontevedrés Os Chichisos, que traballa fundamentalmente no campo da música, conta este ano coa colaboración do párroco de San Julián de Bastavales e do seu campaneiro, Alejandro Moscoso e Ramón Montero, respectivamente, ademais da comisión de festas da citada parroquia.

As actividades comezarán ás 17 horas, cunha demostración dos diferentes toques e sinais de campás. Unha hora máis tarde, toda a xente que o desexe, poderá tocar as campás, e ás 18.30 horas, concerto Dos Chichisos Campás, gaitas e foguetes.

Ademais, todos os sinais serán gravados polo colectivo Escoitar simultáneamente dende Bastavales e dende O Castro, Tarroeira, San Xoán de Ortoño, onde pasou os seus primeiros anos de vida a escritora Rosalía de Castro.

http://www.lavozdegalicia.es

   

Retrouso, embaixadores do folclore galego

06.09.11

O grupo de baile Retrouso, de Cela, Bueu, viaxou este fin de semana a Segovia, onde participou na Mostra Folclórica Andrés Laguna, ao pé do espectacular acueduto da cidade. Os de Cela representaron ao folclore galego e actuaron, con notable éxito xunto ao grupo Raíces Estremeñas, de Madrid; Grupo de Danzas Ribeira de Pisuerga, de Valladolid; e o grupo Free Folk, de Segovia. Ademais, a comitiva, formada por trinta mozos, tivo tempo de facer turismo pola cidade.

http://www.lavozdegalicia.es/

   

Fol Música nº 9 nos premios dos mellores selos no WOMEX

06.09.11

FOL MÚSICA é nomeado nº 9 nos premios dos mellores selos no WOMEX

A sexta anual WOMEX TOP LABEL LIST foi compilada en colaboración coas WORLD CHART EUROPE. Unha selección feita usando as listas de radio de 47 emisoras de 24 países de Europa.

FOL MÚSICA é o número 9, o único selo do estado español presente nas listas.

Os selos nomeados son:
1. World Village/ Hartminia Mundi (France)
2. Lusafrica (France)
3. Real World (UK)
4. Crammed Discs (Belgium)
5. World Circuit (UK)
6. Jaro Medien (Germany)
7. Naïve (France)
8. Cumbancha (USA)
9. Fol Música (Spain)

   

Encontro da Rede Europea de Orquestras Folk (ENFO) en Helsinki

05.09.11

Do dia 5 ao 9 de setembro, máis de 100 músicos e profesores da e-Trad, Sondeseu, Tradalp (Piemonte), Sibelius Academy (Helsinki) e Royal Conservatoire of Scotland celebran o segundo dos tres encontros previstos polo programa ENFO, liderado polo Concello de Vigo.

Masterclasses, obradoiros e concertos públicos asi como unha reunión de traballo compoñen as actividades do programa de eventos entre os que destaca un concerto conxunto das tres orquestras, Sondeseu, Tradalp e Sibelius FBB no recentemente inaugurado Music Center de Helsinki. O programa ENFO rematará en marzo de 2012 coa celebración da I Conferencia ENFO en Vigo.

   

“Homenaxe a Manuel Marí­a”, coa participación de Xabier Dí­az e Guillerme Fernández

05.09.11

Mércores 7
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

"Homenaxe a Manuel María", no sétimo cabodano do seu falecemento, coa estrea do audiovisual "De amor e cantería", de Pixel Films, dirixido por Anxa G. Refoxo e realizado por Mikel Fontes, traballo de 10 minutos de duración que recrea os poemas de "Sonetos á casa de Hortas" nos que o autor chairego expresa a significación que para el tivo a súa casa natal en Outeiro de Rei. Posteriormente terá lugar a actuación musical de Xabier Díaz e Guillerme Fernández, no que estrearán cinco pezas sobre poemas de Manuel María e outras gravadas en traballos anteriores.

http://www.ghastaspista.com

   

Carlos Núñez recibe o premio "Celanova, Casa dous Poetas"

05.09.11

Carlos Núñez ten talento. Demostrouno onte durante o acto no que recibiu o premio «Celanova, Casa dous Poetas». O gaiteiro, recoñecido co galardón pola súa contribución á dignificación e internacionalización da cultura galega, improvisou un entretido discurso no que falou da enorme conexión que existe, e sempre existiu, entre os músicos e os poetas. Recordou que algúns dos grandes das letras galegas, como a poetisa Rosalía de Castro, sabían tocar instrumentos e mesmo compuxeron cancións. Por poñer un exemplo, Núñez referiuse a unha alborada escrita por Rosalía, que el mesmo se atreveu a converter nun rap, en vivo e en directo. «Vos nos vos poetas sempre tingan a música presente», asegurou, recoñecendo que esa importancia que se lle concedeu á música e aos instrumentos tradicionais galegos, como a gaita, son os que permitiron a súa conservación e adaptación.

   

Páxina 220 de 265