Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

Varios

"Xosé Manuel Seivane Rivas. A gaita con maiúscula", a nova publicación de Editorial Canela

 

seivane libro_frente 2Editorial Canela preséntanos a publicación dun novo libro da colección “Tradición oral-música”, nesta ocasión dedicado a Xosé Seivane.

"Xosé Manuel Seivane Rivas. A gaita con maiúscula" está escrito por Xosé Manuel Sánchez Rei, con presentación de Xosé V. Ferreiros e conta, a demais, coa colaboración de Pedro Lamas e Daniel Bellón na transcrición das partituras e de Vicente Ansola con fotografías exclusivas.

Esta obra, que se torna indispensábel para as persoas que aman a música tradicional ou que coñeceron Seivane, dá conta dos aspectos máis importantes da súa vida, non só dende o punto de vista da súa faceta como artesán, senón tamén tendo en consideración a familia, as amizades, o seu contexto vital e cultural etc.

 

A Editorial Canela, iniciou en 2012 a colección TRADICIÓN ORAL-MÚSICA, onde pretende divulgar aspectos biográficos e documentais relacionados con persoas senlleiras
relacionadas coa música tradicional de Galicia mediante textos, imaxes, conversas, investigacións e gravacións de audio que acompañan aos libros.

Toda a información en https://editorialcanela.gal/es/catalogo/tradicion-oral/xose-seivane-a-gaita-con-maiuscula

 

 

Máis músicas de #tradicióncontraovirus no vindeiro Recuncho da Palleta

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto que amosará unha nova edición das músicas de #tradicióncontraovirus compartidas nas redes.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas

 

O SECTOR DA MÚSICA E O BAILE TRADICIONAL PIDE A CREACIÓN DE MEDIDAS ESPECÍFICAS FRONTE Á CRISE DA COVID 19

 

san fro 2019O SECTOR DA MÚSICA E O BAILE TRADICIONAL PIDE A CREACIÓN DE MEDIDAS ESPECÍFICAS FRONTE Á CRISE DA COVID 19

300 entidades que representan a lo menos a 20.000 persoas ligadas á música e ó baile tradicionais, únense nun fronte común co obxectivo de saír desta crise. Este proceso de traballo, que se iniciou co fin de recoller propostas das asociacións e persoas do colectivo, materialízase na elaboración dun documento conxunto, referendado por todo o sector, que recolle medidas específicas para paliar a crise.

Nun primeiro paso, solicítanse medidas inmediatas e a curto prazo, pero continúase traballando na creación dunha plataforma que aglutinará a todo o sector e na creación dun documento final que reúna todas as propostas e que se presentará ás distintas institucións para impedir que o sector da cultura tradicional quede abandonado.

Preme no título para ver a nova completa

Ler mais. O SECTOR DA MÚSICA E O BAILE TRADICIONAL PIDE A CREACIÓN DE MEDIDAS ESPECÍFICAS FRONTE Á CRISE DA COVID 19

   

O toque pechado na gaita de fol no vindeiro Recuncho da Palleta

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Gullerme Inácio ofrecerá a primeira entrega dos seus especiais sobre o toque pechado na gaita de fol.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas

 

"Historia da nada", un artigo de Marina Fdez. Vigo para Nós Diario

marina f. vigoA Asociación de Gaiteir@s Galeg@s segue a colaborar con Nós Diario abordando distintas temáticas relacionadas coa música, o baile e a cultura tradicional galega a través de artigos mensuais realizados por membros da Xunta Directiva. Nesta ocasión queremos compartir con vos o artigo de Marina Fernández Vigo "Historia da nada", onde fala da AGG e de como a realidade ás veces supera a ficción.

Podedes ver o artigo no seguinte enlace: https://www.nosdiario.gal/opinion/marina-fernandez-vigo/historia-da-nada/20200513063718097500.html

 

   

Páxina 1 de 487