Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / CARLOS NÚÑEZ EN BUENAFUENTE

CARLOS NÚÑEZ EN BUENAFUENTE

Varios

O gaiteiro e socio da AGG, Carlos Núñez, estará o martes 23 en directo no programa Buenafuente, que se emite a través da canle "La Sexta" a partires das 12 da noite.

Carlos presenta o seu novo traballo discográfico "Alborada do Brasil", unha viaxe en busca das conexións musicais entre Galiza e Brasil, que saíu á venda o pasado 16 de xuño. Tamén nos ofrecera unha mostra do mesmo cunha actuación en rigoroso directo.