Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / O Tragasons, novo programa de radio en galego

O Tragasons, novo programa de radio en galego

Varios

Un novo programa radiofónico sae á luz esta semana: O Tragasons, unha produción de Mapamundi Radio realizada en galego-portugués coa intención de divulgar as músicas do mundo no ámbito da Galego-Lusofonía, tendendo pontes entre Galicia, o resto de países lusófonos e calquera lugar do mundo onde haxa quen fale a nosa lingua común. Comezan as súas emisións en Radio Filispim de Ferrol (Galicia) e Radio ELA de Madrid, nunha iniciativa aberta a ser emitida libremente por todas as emisoras de Galicia, Portugal, Brasil e do resto do mundo que o soliciten.