Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / Comunicado da AGG en relación co acto previsto para o 2 de xullo en Narón

Comunicado da AGG en relación co acto previsto para o 2 de xullo en Narón

AGG

A Asociación de Gaiteiros Galegos é a asociación de todos os músicos
tradicionais do país. Entendemos "Gaiteiros" no seu mais amplo sentido,
tanto a nivel de xénero canto a nivel de participación das expresións
musicais tradicionais.

Ao longo dos mais de 25 anos de actividade a Asociación de Gaiteiros
Galegos sempre se caracterizou pola defensa e difusión da nosa música
patrimonial. Como tal colabora e axuda con calquer iniciativa encamiñada
a promover e difundir a música galega tradicional, mais tamén denuncia
as malversacións de diñeiro público en músicas non galegas.

Mais información

Nesta ocasión vémonos na obriga de advertir que o vindeiro sábado 2 de
xullo de 2005 no Campo da Festa de Piñeiros de Narón, actuarán diversas bandas de gaitas que pretenden importar un modelo completamente alleo á música tradicional galega. Este tipo de formacións empregan instrumentos de percusión non galegos, gaitas con disposición dos bordóns non tradicionais e mais ainda, as técnicas empregadas non teñen nada que ver coa riquísima tradición musical galega, sendo importadas de outras culturas. Ademais, cumpre sinalar, que o fomento das actuacións deste tipo de formacións en detrimento das nosas
músicas entraria en claro conflicto coa lei do Patrimonio do 30 de
outubro de 1995, concretamente nos seus artigos 2, 64 e 65.

Desde a Asociación de Gaiteiros Galegos instamos aos organizadores do evento a que reconsideren a participación deste tipo de formacións pseudo-militares.