Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Fondo pesar polo pasamento de Gabi, gaiteiro referente en grupos imprescindibles dos anos 90.

Fondo pesar polo pasamento de Gabi, gaiteiro referente en grupos imprescindibles dos anos 90.

Varios

376636943 10226882846048917_4302284917888952876_nUnha triste nova para o noso colectivo, finou "Gabi, gaiteiro referente en grupos imprescindibles na evolución e na actualización na música de gaita nos anos 90 do pasado século, Gabi formou parte da agrupación folclórica Brisas da Terra, e deixanos a súa interpretación en discos como o de "Durindaina" e os de "Pallamallada"; lembramos o seu paso amenizando o "Domingo das mozas en Lugo", pero sobor de todo temos presente a súa labor como mestre en asociacións e que formou a moitos nenos e nenas que hoxe son gaiteiros.
Temos moito pesar pola súa perda, compartimos a dor da súa familia e choramos a súa ausencia, levarémolo na memoria sempre, como un referente que sempre foi para todos nós.
*Fotografía de Carlos Peixoto