Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A TRADESCOLA ACHEGARASE MAÑÁ ATA NAVIA DE SUARNA PARA OFRECER UN CONCERTO DIDÁCTICO DE MÚSICA TRADICIONAL

A TRADESCOLA ACHEGARASE MAÑÁ ATA NAVIA DE SUARNA PARA OFRECER UN CONCERTO DIDÁCTICO DE MÚSICA TRADICIONAL

Varios

cartaz cdtrad_naviasuarna_web - copiaA Tradescola realizará esta semana novas actividades de promoción e difusión da música e do baile tradicional na provincia. O vindeiro venres 11 de xuño achegarase ata o concello de Navia de Suarna, concretamente ao CPI Plurilingüe de Navia de Suarna para impartir unhas novas xornadas de música tradicional para escolares. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

O concerto estará impartido polos mestres Jose Manuel López, Lucía Eiros e Branca Villares, que serán os encargados de amosarlles aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Os concertos didácticos realizaranse no exterior e cumprindo todas as medidas fronte á Covid 19.