Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / 15º CICLO DE COROS GALEGOS HISTÓRICOS E NOVOS

15º CICLO DE COROS GALEGOS HISTÓRICOS E NOVOS

Varios

cantigas da terraO domingo 24 de novembro ás 19:00 horas, celebramos o 2º dia do 15º CICLO DE COROS GALEGOS HISTÓRICOS E NOVOS, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Esta segunda xornada de tres do Ciclo participaran:

- Cantigas e Agarimos, Os Enxebres de San Lázaro e o coro anfitrión, Cantigas da Terra.

Tamén un pequena representación teatral , “Ir por lan”, un breve diálogo humorístico de Manuel Lugrís Freire, interpretado polo noso Cadro de Teatro.

No cartel empregamos unha fotografía do gaiteiro e musicólogo Perfecto Feijoo Poncet, fundador do primeiro coro galego e xa desaparecido coro Aires da Terra (1983-1914) de Pontevedra.

 Se non chove, faremos pasarrúas pola rúa Real ás 18.30h.  

 A entrada é de balde até encher o aforo.