Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A TRADESCOLA ACHEGARÁ A MÚSICA TRADICIONAL ÁS NENAS E NENOS DE GUITIRIZ

A TRADESCOLA ACHEGARÁ A MÚSICA TRADICIONAL ÁS NENAS E NENOS DE GUITIRIZ

Varios

cartaz cdtrad_guitiriz_webA Tradescola,  xestionada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo, achegarase o vindeiro luns 17 de decembro ata Guitiriz para realizar unha nova xornada didáctica de música tradicional para escolares. Con esta xornada, a Tradescola achegará á comunidade escolar a nosa música e as nosas tradicións, dun xeito ameno e didáctico, amosándolle ao alumnado os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega, así como a evolución dos instrumentos e das formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos. Este concerto didáctico terá lugar a partir dás 10.30 horas no CEIP Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz, e estará guiado polos mestres da Tradescola Xabier Iglesias, Roberto Rodríguez e Suso Vaamonde.