O SERÁN DESTA ALDEA: O CEO. Xornada do Baile Comunal en Mondariz.
Martes, 23 Outubro 2018 10:52
O vindeiro domingo 4 de Novembro a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s e o Concello de Mondariz coa colaboración da Deputación de Pontevedra organizan O SERÁN DESTA ALDEA: O CEO. Xornada do Baile Comunal en Mondariz.
Unha xornada lúdica onde compartiremos tradición, tocando, cantando e bailando. Cada ano centrarémonos nunha aldea, homenaxeando ás súas tocadoras de xeito que poidamos reivindicar ás nosas grandes mestras da tradición e colaborar a consolidalas como o referente vivo que teñen que ser.
Este ano a xornada estará centrada no barrio do Ceo (Mondariz) e imos homenaxear a dúas das súas tocadoras, Flora da Ponte (falecida no 2015) e Delfina dos Martas, que compartirá a xornada con nós.
Tamén teremos ocasión de asistir a un obradoiro de canto impartido por Felisa Segade (Leilía), "Repertorio dos bailes de pandeireta do barrio do Ceo"; á charla “Repensando o baile comunal: novos contextos para antigas tradicións” da man da etnomusicóloga Xulia Feixoo; e ao obradoiro de baile que impartirá Montse Rivera (Leilía) "O baile nos seráns do barrio do Ceo".
O programa completo d´O serán desta aldea 2018: O Ceo. Xornada do baile comunal é o seguinte:
11:45 Inauguración
12-14h → Obradoiro Felisa Segade: Repertorio dos bailes de pandeireta do barrio do Ceo (Biblioteca municipal de Mondariz)
XANTAR CONFRATERNIZACIÓN (Restaurante Sevilla - Mondariz) – Prezo 15€/persoa
16:30-17:15h → Charla Xulia Feixoo. “Repensando o baile comunal: novos contextos para antigas tradicións” (Biblioteca municipal de Mondariz)
17:30h-19:30h --> Obradoiro Montse Rivera: o baile nos seráns do barrio do Ceo (Praza de abastos de Mondariz)
19:45h → Acto de homenaxe ás pandeireteiras do Barrio do Ceo.(Praza de abastos de Mondariz)
20:30-22:30h→ Serán aberto. Coa colaboración de C.E.A.R. Castromao. (Praza de abastos de Mondariz)
A asistencia aos obradoiros e á charla é de balde. Por motivos de aforo, para poder asistir é imprescindible a inscrición previa. Asimesmo, o xantar de confraternización terá un custo de 15€ /persoa e é preciso inscribirse antes do día 1 de novembro para asistir ao mesmo.
Podedes realizar as inscricións a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou a través de teléfono nos números 986 847 074 – 982 229 966.
Esperámosvos!!!