Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / O Concello de Ponteareas amplia o prazo de inscrición para o Concurso de Gaitas do País ata o día 17

O Concello de Ponteareas amplia o prazo de inscrición para o Concurso de Gaitas do País ata o día 17

Varios

39910361 789194847917365_4328261289773105152_oO Concello de Ponteareas, amplia o prazo para a inscrición na LI (51) EDICIÓN DO CONCURSO DE GAITAS DO PAÍS, ata o vindeiro día 17 por falta de inscritos.

Poderán participar no concurso todos os grupos de gaitas que toquen con instrumentos tradicionais galegos, sen modificación de ningún tipo. O concurso, que se celebrará o día 22 de setembro contará cos seguintes premios:
1º  PREMIO  .......   1.800,00  euros
2º  PREMIO  .......   1.200,00  euros
3º  PREMIO  .......      900,00  euros
4º  PREMIO  .......      600,00  euros
O primeiro premio tamén obterá unha gaita de Gaitas Gil e un tamboril de Sarín Percusión doados por Artesanía de Galicia.
O Concello de Ponteareas outorgará unha gratificación de 200,00 euros aos grupos en concepto de participación, agás o 1º premio, o 2º premio, o 3º premio e o 4º premio, conforme a base 41ª das Bases de Execución do Orzamento Municipal.

Mais info e bases: https://ponteareas.gal/publicadas-as-bases-para-a-li-edicion-do-festival-de-gaitas-do-pais/