Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / O sábado, no programa a Rumboia en Openradio escoitaremos ás Malvela

O sábado, no programa a Rumboia en Openradio escoitaremos ás Malvela

Varios

rumboia - copiaNo vindeio programa da Rumboia, en openradio.es falaremos do grupo Malvela Lembra escoitalo todos os sábados ás 13.00 horas en http://www.openradio.es/rumboia

As Malvela representan a voz das mulleres galegas coas súas cancións da terra. Cando estas mulleres de Sanguiñeda (Mos - Pontevedra) se xuntaron nun curso de canto impartido por Uxía Senlle, non podían imaxinar que chegarían a ser unha referencia da nosa música e que pasearían o seu ritmo e a súa alegría por teatros, festivais, verbenas e televisións. Os seus temas tradicionais e actuais, teñen un afán de irmandade con Portugal que Malvela amosou xa desde o seu primeiro disco.