Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Gaitas do pais en vez de escocesas grazas as xestións da AGG.

Gaitas do pais en vez de escocesas grazas as xestións da AGG.

Varios

contedor novoimg-20151019-wa0000 2 - copia

 

Logo de que en varias campañas, durante as festas do San Froilán pasadas, aparecese na cidade de Lugo a figura dun boneco cunha gaita escocesa nos contedores de vidro, a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s amosou o seu descontento polo desacerto á hora de elexir esta imaxe e contactou cos responsables das empresas que realizaron a campaña, e tamén co gabinete da Consellería de Medio Ambiente para informarlles do problema.

Este ano, A AGG realizou de novo xestións para evitar que en Lugo se repetira a presenza de gaitas escocesas nos contedores de vidro. Dende a AGG queremos agradecer a boa disposición de Ecovidro, que cunha nova campaña nas festas do San Froilán 2017, fai posible que vexamos os contedores coa imaxe da gaita tradicional galega promocionando e fomentando a presenza da música tradicional, pero sen que aparezan imaxes que non se corresponden coas nosas tradicións e que poden provocar confusións.

Dende a AGG seguimos ofrecendo o noso asesoramento e toda a información da que dispoñemos para axudar a que sempre que se fagan campañas en Galiza, se utilicen imaxes de instrumentos galegos e non outro tipo de instrumentos.