Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A TRADESCOLA IMPARTIRÁ OBRADOIROS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAIS NO C.P.I. DR. LÓPEZ SUAREZ DO SAVIÑAO.

A TRADESCOLA IMPARTIRÁ OBRADOIROS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAIS NO C.P.I. DR. LÓPEZ SUAREZ DO SAVIÑAO.

Varios

cartazobradoiroxogosbailadossaviao2016-01 - pqA Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, achegarase mañá xoves 25 de maio ao C.P.I. Dr. López Suarez Do Saviñao para impartir obradoiros de música e baile tradicionais para os escolares de primaria, e que estarán guiados polos mestres da Tradescola Xabier Iglesias e Cristina de Castro.

 

Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos e actividades impartidas polos mestres da Tradescola.

Nestos obradoiros, que van dirixidos a todos os/as alumnos/as de primaria do centro, os/as asistentes aprenderán xogos danzados así como as súas cantigas de acompañamento dun xeito divertido e ameno.

Un dos obxectivos da Tradescola é incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego na sociedade actual, e para conseguilo, realiza asiduamente numerosos actos como charlas, exposicións, concertos, ou xornadas que achegan a numeroso público a coñecer de preto o traballo que está a realizar esta escola, ofrecendo formación a todas as persoas interesadas na música e no baile tradicional tanto na cidade de Lugo, onde imparte aulas diariamente na rúa Pintor Corredoira nº 4, como no resto de comarcas da provincia a través da realización de diversas accións formativas relacionadas co ensino da música e baile tradicionais.