Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / XVIII edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas - Asociación de Gaiteiros Galegos

XVIII edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas - Asociación de Gaiteiros Galegos

Varios

domingo mozaswebA Asociación de Gaiteiros Galegos organiza de novo a que será a XVIII edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, mostra que contará con actuacións de numerosos grupos de música tradicional galega, que encherán da nosa música o casco vello da cidade o vindeiro domingo día 9 de outubro, o día máis emblemático das festas do San Froilán.

Os grupos participantes na mostra actuarán en horario de mañá e de tarde en distintas portas da muralla, prazas e rúas, de tal maneira que toda a xente que entre na cidade, sexa recibido co son da nosa musica tradicional.

Os grupos participantes son os seguintes:

A Requinta de Xián (Boqueixón – A Coruña)
A Volta do Agro (Lugo)
Berros do Castro (San Sadurniño –A Coruña)
Caivanca (Lugo)
De pé feito (Ourense)
Fiandola (Moaña – Pontevedra)
Folquiada (Lugo)
Illa Pancha (Ribadeo – Lugo)
Lubicáns (Ourense)
Reviravolta (Lugo)
Souto Xímaro (Vilanova de Lourenzá – Lugo)
TradiSón (Gondomar – Pontevedra)
Xaora (Lugo)

Pola mañá todos os grupos saírán dende a Praza Maior ás 11.30 horas facendo un pasarrúas polas distintas rúas do centro urbán amurallado, ata as 14:00h.

Pola tarde repetirase o itinerario de pasarrúas a partir das 17.30 horas, para logo rematar ás 19.00 horas.

Esta mostra ten como finalidade a exaltación da música tradicional galega servindo como medio de difusión para que a nosa música chegue ao maior número de xente posible.

É a única mostra deste tipo que se fai nunhas festas patronais e consegue que Lugo sexa referencia en toda Galicia, pois demostra que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.