Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Airiños do Eume celebra o seu 35 aniversario cunha homenaxe a Antonio Leira Díaz “O Patolo” nas festas das Peras

Airiños do Eume celebra o seu 35 aniversario cunha homenaxe a Antonio Leira Díaz “O Patolo” nas festas das Peras

Varios

airios eumeA asociación cultural municipal Airiños do Eume organiza unha homenaxe ao seu fundador, Antonio Leira Díaz “O Patolo” (Pontedeume 1915-2007), con motivo do seu 35 aniversario.

Será o venres 9 de setembro, ás 20.30 horas, dentro da programación das Festas das Peras, na praza de San Roque (A Calzada).

Neste acto participarán, xunto coas cantareiras de Airiños e o grupo de gaitas, o grupo de guitarras e coro e a banda da escola de música Charamela e a Coral Polifónica Eumesa. Estas dúas agrupacións tamén naceron da man do Patolo, a primeira na década dos 50 e a segunda en 1970.

O repertorio incluirá dúas pezas compostas por Leira: “Muller eumesa-Agarimosiña” e “Son as campanas que tocan” (con letra de Rosalía de Castro).

Ademais, excompoñentes de Airiños do Eume sumaranse tamén ao concerto. Xunto coas tres agrupacións musicais, esta homenaxe conta coa colaboración do Concello de Pontedeume e da Comisión de Festas das Peras.

 

PROGRAMA prema no título da nova


ESCOLA DE MÚSICA CHARAMELA
Grupo de Guitarras e coro (dirixido por Ofelia Regueira)
• O Tren (Andrés Dobarro)
• No dudaría (Antonio Flores)
• Un rayo de sol ( Los Diablos)
Banda de Música (dirixido por Manuel Vázquez)
• Sonrisas y Lágrimas (Acompañados polo coro da
escola)
• Banda Galega (con gaiteiros de Airiños do Eume )
A.C.M. AIRIÑOS DO EUME
Cantareiriñas (profesora Alejandra Montero)
• Pandeiretada Limiñoa (Recollida en Ponteceso)
• Ruada de Alén (Recollida en Beariz)
Cantareiras (profesora Alejandra Montero)
• Santa Sabina (Recollida en Sta Comba)
• Serán en San Vicente de Oitavén ( Recollida en
Fornelos de Montes)
Banda de Gaitas (dirixida por Sergio Santiago)
• Xota de Sabaxáns (Recollida en Mondariz)
• A Muller Eumesa – Agarimosiña (Antonio Leira)
• Pasodoble de Suso (Suso Vaamonde)
CORAL POLIFÓNICA EUMESA
(Dirixida por Xosé Paz)
• La Golondrina (Popular mexicana, Arr. Antonio
Leira)
• Son as campanas que tocan (Musica A. Leira, letra R.
de Castro)
• Baixo os arcos (Música Xosé Paz, letra Carmen
Sarmiento)
• Muiñeira Santo Amaro ( con Airiños do Eume)
AIRIÑOS DO EUME E OS ANTIGOS COMPOÑENTES
• Pasodoble Argentino