Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Xornadas do Patrimonio Inmaterial de Galicia - San Simón 2016

Xornadas do Patrimonio Inmaterial de Galicia - San Simón 2016

Varios

xornadas illasansimonA agrupación O Carballo das Cen Pólas organiza durante a fin de semana do 9 ao 11 de setembro as Xornadas do Patrimonio Inmaterial de Galicia co obxectivo de poñer en valor o noso folclore, e na busca de facer de Redondela o punto de encontro e de divulgación dos nosos costumes, nun primeiro momento dos arredores, aspirando a ser un referente en todo o país.

As xornadas consisten na realización de obradoiros de perfeccionamento de técnicas de baile, canto e música tradicional, e serán impartidos por mestres de reputado prestixio.

Os obradoiros están enfocados a espallar entre os asistentes o produto das recollidas que dende hai tempo moitas agrupacións e folcloristas veñen facendo por toda Galicia.

(Para ler a nova completa clic no título)

Os alumnos das disciplinas de baile, canto e música deben ter coñecemento das técnicas tradicionais para que a transmisión dos coñecementos sexa eficaz. Para as técnicas de canto e gaita os alumnos deben levar o seu instrumento. As aulas desenvolveránse en sesións de mañá e tarde o sábado e de mañá o domingo.

O prazo de inscrición rematará o xoves no momento que se cubran as prazas de cada especialidade.

A inscrición custa 130€, e inclúe o traslado (ida e volta) á Illa de San Simón, o aloxamento da fin de semana en réxime de pensión completa e a participación no obradoiro escollido. Os participantes poderán escoller entre os menús facilitados polo catering.

Toda a información: http://www.sansimon2016.ga/