Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / O Nadal chega á TRADESCOLA

O Nadal chega á TRADESCOLA

AGG

 nadal tradXa estamos chegando ao Nadal e na Tradescola estamos organizando actividades para celebralo!!

•    O vindeiro luns día 21 de decembro no salón de actos da Tradescola teremos dúas actividades de balde e abertas para todos os públicos!!

-    Ás 18.00 horas: Obradoiro Baile para nen@s e maiores con Pesdelán mini: Pesdelán é moito máis que un grupo de música. Mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos ao público, pretende recuperar o espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia. Unha das integrantes do grupo animaranos a seguir os seus pasos, que nos explicará de forma sinxela e amena, para que todos e todas poidamos aprendelos cómodamente. Acompáñana varios músicos e músicas que interpretarán as melodías para podelas bailar. O tempo pasará sen darnos conta mentres gozamos, rimos, bailamos e coñecemos as e os nosos novos compañeiros de baile.

-    Ás 19.30 horas: Obradoiro de Cantos de Nadal a cargo da nosa profesora de canto tradicional Branca Villares, e posterior saída dos participantes a cantar panxoliñas polo centro da cidade.

•    E o día 22 de decembro ás 20.30 horas tamén no salón de actos da Tradescola contaremos cun Ensaio Aberto con Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre + sinatura de discos (The Tambourine Man)

Ven a celebrar con nós a chegada do NADAL!!!!!!

Entrada de balde ata completar aforo!!!