Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Xosé Luís Miguélez falará sobre “O ensino da Gaita Galega”

Xosé Luís Miguélez falará sobre “O ensino da Gaita Galega”

Varios

O gaiteiro ourensán Xosé Luís Miguélez fará a exposición publica do seu traballo de fin de carreira, dentro da titulación superior en “Instrumentos da música tradicional: Gaita Galega” o vindeiro martes día 30 de maio ás 20:00. O traballo leva por título “O ensino da Gaita Galega”.

A presentación terá lugar na aula de historia da música do Conservatorio Superior de Música de Vigo, a entrada é libre. Con esta presentación, dentro da primeira promoción da especialidade, complétanse por fin tódolos niveis de ensino oficial de Gaita Galega.