Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / VII Ciclo de Coros Históricos

VII Ciclo de Coros Históricos

Varios

O Ciclo de Coros Históricos convoca unha xuntanza de Irmandade entre os Coros decanos de Galicia, organizada por Cántigas da Terra. Estas agrupacións naceron dentro do idearium das Irmandades da Fala, loitando pola recuperación integral da nosa identidade. Con esta iniciativa preténdese achegar á xente este xeito de expresión tan noso e, a un tempo, tan esquecido. A cita será os domingos 9, 16 e 30 de outubro ás sete da tarde no Teatro Rosalía Castro da Coruña.

Nesta edición participarán Os Melidaos, con músicas traídas do cerne de Galicia; Celso F. Sanmartín, con vivencias e contos que fan pensar; Raiola Teatro, lembrando a Eduardo Blanco Amor; ademais dos catro Coros Históricos: Cantigas e Agarimos (Compostela), a Coral De Ruada (Ourense), o Real Coro Toxos e Froles (Ferrol)  e os anfitrións Cántigas da Terra (A Coruña).
Como complemento, para ir erguendo os ánimos, os venres anteriores a cada un dos concertos Cántigas da Terra estará nas rúas da Coruña interpretando celebradas melodías do seu repertorio.