Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Festival internacional de Música Medieval

Festival internacional de Música Medieval

Varios

Ao longo desta semana, do 12 a 18 de setembro terá lugar un concerto cada día na igrexa de San Domingos de Bonaval, 20:30 h. en Santiago e con entrada libre. Baixo o título Trobeiros galegos medievais e a súa época, Santiago será escenario dun festival internacional de música medieval cuxos protagonistas serán as composicións musicais dos xograres da Idade Media, cando o galego era a principal lingua de expresión musical, mesmo na corte castelá do rei Afonso X o Sabio. PROGRAMA

Luns, 12 de setembro
Quarteto de Urueña (Castela)
As mulleres na música medieval

Martes, 13 de setembro
Santenay (Alemania)
Ma fin est mon commencement, Guillaume de Machaut

Mércores, 14 de setembro
Grupo 1500 (Galicia)
O movemento trobadoresco e a súa pervivencia na música Unha viaxe musical de cinco séculos

Xoves, 15 de setembro
Via Artis Konsort (Dinamarca)
Cantos da fronteira

Vernes, 16 de setembro
Vox Suavis (Suiza)
Locus amoensus

Sábado, 17 de setembro
Ensemble Tre Fontaine (Francia)
A cruzada do amor

Domingo, 18 de setembro
Martín Códax (Galicia)
O esplendor da lírica galaico-portuguesa (s. XIII)

http://www.folque.com/