Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Bastavales acolle a xornada de campás de Os Chichisos

Bastavales acolle a xornada de campás de Os Chichisos

Varios

O grupo Os Chichisos leva este ano á igrexa parroquial de San Julián de Bastavales, en Brión, A Coruña, a súa tradicional xornada de Campás e campaneiros, que se celebrará o próximo sábado, día 10. Trátase da cuarta edición desta iniciativa, que pretende dar a coñecer unha linguaxe sonora que non hai tanto tempo avisaba de calquera acontecemento especialmente nas parroquias do rural, tanto sociais coma relixiosos, dende unha morte ou unha voda, ata unha catástrofe.

O grupo pontevedrés Os Chichisos, que traballa fundamentalmente no campo da música, conta este ano coa colaboración do párroco de San Julián de Bastavales e do seu campaneiro, Alejandro Moscoso e Ramón Montero, respectivamente, ademais da comisión de festas da citada parroquia.

As actividades comezarán ás 17 horas, cunha demostración dos diferentes toques e sinais de campás. Unha hora máis tarde, toda a xente que o desexe, poderá tocar as campás, e ás 18.30 horas, concerto Dos Chichisos Campás, gaitas e foguetes.

Ademais, todos os sinais serán gravados polo colectivo Escoitar simultáneamente dende Bastavales e dende O Castro, Tarroeira, San Xoán de Ortoño, onde pasou os seus primeiros anos de vida a escritora Rosalía de Castro.

http://www.lavozdegalicia.es