Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Encontro da Rede Europea de Orquestras Folk (ENFO) en Helsinki

Encontro da Rede Europea de Orquestras Folk (ENFO) en Helsinki

Varios

Do dia 5 ao 9 de setembro, máis de 100 músicos e profesores da e-Trad, Sondeseu, Tradalp (Piemonte), Sibelius Academy (Helsinki) e Royal Conservatoire of Scotland celebran o segundo dos tres encontros previstos polo programa ENFO, liderado polo Concello de Vigo.

Masterclasses, obradoiros e concertos públicos asi como unha reunión de traballo compoñen as actividades do programa de eventos entre os que destaca un concerto conxunto das tres orquestras, Sondeseu, Tradalp e Sibelius FBB no recentemente inaugurado Music Center de Helsinki. O programa ENFO rematará en marzo de 2012 coa celebración da I Conferencia ENFO en Vigo. ENFO é un proxecto enmarcado nas tarefas de preservación, estudio e desenvolvemento do patrimonio musical europeo de tradición oral e que pretende o establecemento dunha rede de colaboración permanente entre centros educativos, orquestras e outras agrupacións en torno ao cultivo da música folk e tradicional dende a contemporaneidade e a cultura urbana. ENFO apóyase no respeto ás diferentes tradicións musicais de cada comunidade europea, no firme convencimento de que a tradición oral pode ser un lugar de encontró e intercambio de experiencias entre os países que forman a Unión e o seu achegamento a outras culturas do mundo, facilitando a súa comprensión e axudando á convivencia de distintas visións dunha mesma linguaxe musical.

Os principais obxectivos son:
- A creación de orquestras de música folk contemporánea ligadas a institucións de diferentes niveles educativos que tengan departamentos o estén centradas en la pedagogía de la música tradicional.
- Consolidar unha infraestructura que asista aos diferentes socios en colaboracións e sinerxias para beneficiarse do coñecemento e a promoción da música folk contemporánea europea.
- A promoción da mobilidade transnacional dos músicos, alumnos e profesores promovendo os intercambios, a transferencia de coñecementos sobre as tradicións musicais e o seu tratamento moderno.
- A organización de eventos musicais e encontros destinados á promoción da diversidade musical ao longo de Europa.

http://www.ghastaspista.com