Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Uxía entra no número sete das Listas Europeas de World Music

Uxía entra no número sete das Listas Europeas de World Music

Varios

O disco Meu Canto, o último traballo de Uxía, está a ter unha gran acollida en Europa. O álbum entrou no número sete das Listas Europeas de World Music. Os 44 xornalistas que compoñen o xurado das WMCE votaron de forma unánime e apoiaron o traballo da galega.

A cantante Uxía celebrou con este disco 25 anos de carreira artística. Este traballo presenta unha relectura dos temas fundamentais do seu directo e aborda cancións que non experimentara anteriormente. Este novo traballo de Uxía, que se publicou o pasado 6 de xuño, foi gravado en Brasil nos Estudios Biscoito Fino de Río de Xaneiro xunto con Jaime Alem, que traballa como produtor habitual de Maria Bethania.

Meu Canto está composto por quince cancións das que unicamente unha fora gravada con anterioridade por Uxía e o seu nome débese precisamente a que a maioría das cancións conteñen a palabra canto, formulada como unha reflexión sobre o acto de cantar.

http://www.xornal.com