Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / Éxito da Mostra de Instrumentos Tradicionais de Pardiñas

Éxito da Mostra de Instrumentos Tradicionais de Pardiñas

AGG

Un ano máis a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), a través da comisión de artesáns, achegouse ata o Festival de Pardiñas para organizar o que foi a "XVIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional". Un evento que constitúe unha das mostras de luthería máis antigas da península e que congrega cada ano a numerosos artesáns do país para mostrar o seu traballo ao público. 

Durante as xornadas do 6 e 7 de Agosto, no marco incomparable do Festival de Pardiñas, os 19 artesáns de instrumentos musicais cos que contou a mostra, abríronnos unha fiestra aos seus obradoiros amosando o seu bo facer. Pero houbo moito máis, xa que se trata dunha festa na que non poden faltar as actuacións en directo, obradoiros, o baile tradicional e a foliada, acadando de novo un grande éxito de público a pesar das condicións meteorolóxicas.

Podes ver as fotos aqui.