Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A regueifa de Bergantiños darase a coñecer en Chantada

A regueifa de Bergantiños darase a coñecer en Chantada

Varios

As regueifas de Bergantiños cruzarán este venres as fronteiras da comarca para darse a coñecer entre o público do municipio lucense de Chantada. Da man do filólogo Xosé Manuel Varela, e do regueifeiro Fermín Calvo Gómez, máis coñecido artisticamente como Fermín da Feira Nova, os maiores daquela localidade recibirán unhas explicacións sobre a orixe e a forma de compor unha cantiga de regueifa ao estilo bergantiñán.

A actividade terá lugar na biblioteca municipal chantadina (a partir das 17.30 horas) e forma parte do programa de animación á lectura Letras Vivas, posto en marcha pola Consellería de Cultura.

Con anterioridade, Varela e Fermín dá Feira Nova, xa visitaron outras localidades como Brión, Dodro, Santiago ou Boimorto.