Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Pasamento do artesán Pablo Cid

Pasamento do artesán Pablo Cid

Varios

Dende a AGG temos que informar dunha triste nova. Faleceu Pablo Cid Peiteado, artesán de Senande (Antas de Ulla).

É unha grande perda para o mundo da música tradicional e en concreto da zanfona, pois a pesar da súa xuventude era un artesán de moitísima calidade profesional e humana.

O enterro terá lugar mañá xoves día 2 de xuño,ás 18.00 horas na Igrexa Parroquial de Senande (Antas de Ulla).

A Asociación de Gaiteiros Galegos lamenta profundamente esta perda, e quere manifestar o seu máis fondo pesar a súa familia e amigos.