Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Arte Fresca do Día na Praza de Abastos de Pontevedra

Arte Fresca do Día na Praza de Abastos de Pontevedra

Varios

Arte fresca do día son actuacións de diversas disciplinas artísticas adaptadas especialmente ao espazo do Mercado da zona vella de Pontevedra. Seis mañás adicadas á danza, teatro, circo, palabra, circo e, por suposto, música. A arte noutros lugares de representacións, novos ámbitos para a arte, novas costumes para o comercio.

Seis venres -tres de abril, tres de maio- nos que se dan a man o NOVO CIRCO de Pista Catro facendo malabares cos repolos, a POESIA de Maria Lado, Lucia Aldao e o espazo sonoro de IgMig coas caixas de froita; a DANZA e TEATRO con A Artística e a intervención "Des-memoria-2" entre as flores; a música do Combo Tradicional da Escola Livre da MPG e o Dúo Fdez. & Quintá ao lado das peixeiras ; a ORALIDADE de Paula Carballeira e Celso Sanmartín contando contos e chourizos.

(Prema no título para leer máis)

Entrar nun mercado de abastos é unha experiencia para os sentidos e unha das mellores probas antropolóxicas urbanas.

A palabra abasto ten que ver coa suficiencia, coa provisión de cousas necesarias, especialmente do alimento. Por isto, abrir unha praza de abastos á expresión artística é a redundancia do pracer.

Xúntase o alimento do corpo co alimento do espírito, lonxe da concepción decimonónica do monumento como edificio morto e unidireccional.

 

Deste xeito, quen acuda ao mercado de abastos de Pontevedra nestes días terá boa proba da arte, do amor e da vida, porque Pontevedra, a "boa vila", non só dá de beber a quen pasa, tamén convida a comer e, sobre todo, a gozar no nome da arte.

Exitosas cadeas de supermercados ofrecen nos seus departamentos de atención ao cliente asesoramento dos nosos desexos: vivamos como galegos, sexa vostede feliz e coma sensacións envasadas con sabor a liberdade.

Fronte as áreas comerciais, as prazas de abastos recuperan a súa función simbólica, social, económica e cultural dunha cidade. Protagonistas da recuperación da cidade viva, persoal, comercialmente xusta, socialmente equitativa, diversa, xeradora de emprego estábel, creando un circuíto financeiro local.

Programa

venres, 8 de abril as 11h.

A mañá do Circo

venres, 15 de abril as 11h.

A Mañá da Danza e o Teatro

venres, 29 de abril as 11h.

A mañá da Poesía

venres, 6 de maio as 11h.

A mañá das Crianzas

venres, 13 de maio as 11h.

A Mañá da Música

venres, 20 de maio as 11h.

A Mañá da Oralidade

aCentralFolque