Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Exposición: "Unha Fiestra a Noutrora. Fotografías Antigas de Ramirás e Comarca"

Exposición: "Unha Fiestra a Noutrora. Fotografías Antigas de Ramirás e Comarca"

Varios

O Vindeiro Sábado día 9, as 12.30 h. da mañá terá lugar o acto de apertura da Exposición "Unha Fiestra a Noutrora. Fotografías Antigas de Ramirás e Comarca" no Salón de Actos do Centro cultural de O Picouto (Ramirás-Ourense). Esta mostra está coordinada por Sandra González Sousa e consta de máis de 60 instantáneas con data anterior a 1980.
Co fin de traer ao presente pequenos anacos do pasado, tamén contaremos con diferentes apeiros de labranza e obxectos de carácter etnográfico que ambientarán a sala de exposicións.


Neste acto tamén se fará a presentación aos medios e ao público en xeral do Cartaz (elaborado pola ilustradora Arousá Nuria Díaz) e o programa da V Noite de Fiadeiro, que se celebrará en Vilavidal durante a xornada do 30 de
Abril. De xeito simultáneo publicaranse na páxina web habilitada para esta edición, e que se sinala a continuación.


Para máis información poden consultar as páxinas.
www.noitedefiadeiro.com
www.rebulir.blogspot.com
ou ben nos teléfonos 639 908 005 (Alexandre) ou 667 35 57 34 (Sandra-coordinadora exposición)

 

Ao final do acto todos os presentes serán convidados a un viño galego e uns petiscos.