Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / "Os Instrumentos Musicais na Tradicición Galega" na web

"Os Instrumentos Musicais na Tradicición Galega" na web

Varios

O Consello da cultura Galega acaba de presentar en Santiago de Compostela unha web que recolle integramente o traballo realizado por Pablo Carpintero, desde o proxecto Ronsel, sobre os instrumentos musicais tradicionais galegos. Nesta web poderedes acceder aos textos íntegros da obra "Os instrumentos musicais na tradición galega", con deseños de Ramón Marín, e poderedes ver máis de 1000 fotografías e uns 120 vídeos onde se pode ver como se toca cada un dos instrumentos musicais galegos.