Actividades de Nadal da Asociación Cultural Xacarandaina
Xoves, 16 Decembro 2010 12:13
Este nadal ven moi moi cargado de Actividades na Asociación Cultural Xacarandaina.
Actuación do G. de Pandeireteiras Chuchamel na Festa de Nadal do Centro Cívico dos Mallos o xoves 16 ás 19h.Para asistir a este festival, deberán recoller previamente as invitacións na conxerxería do mesmo centro cívico, sito na Avda. de Arteixo, 147.
O apalpador visitará a Asociación o xoves 16 ás 18 h.O "apalpador" é a figura mítica do nadal galego. Xigante e carboeiro de profesión, descende do alto dos montes e montañas no día de Nadal para comprobar se os pícaros estaban ben alimentados apalpando o seu bandullo. Logo de desexarlles que non pasaran fame durante o ano seguinte, deixáballes diversos agasallos, como un bo feixe de castañas quentes.A súa visita de seguro que ilusionará aos máis pequenos! Tamén poden acudir os seus amiguiños e amiguiñas ou parentes.
Máis info:Asociación Xuvenil Xacarandaina
Rúa historiador Vedía n3 (A Coruña)
Telf 981 277 315