Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Seráns na Sala NASA

Seráns na Sala NASA

Varios

Sala NASAO próximo xoves, 18 de novembro terá lugar a oitava tempada dos Seráns da NASA, que este ano comezará cun obradoiro práctico de iniciación ós "baile solto" da man de Gustabo Couto entre as 21h e as 22h.

Para quen aínda non se mergullou nun serán, quizais debería saber que a maior parte da xente vai aos seráns a cantar, tocar e bailar, porque de feito para iso foron creados e ese é o seu principal cometido. Pero non vos preocupedes se aínda non sabedes botar un solto: os seráns son unha moi boa escola, un dos mellores sitios onde aprender de xeito “natural” como botar unha jota ou unha muiñeira, vendo a mestría de moitos dos máis veteranos e expertos bailadores de toda a zona. Este ano, ademais, se vindes a primeira hora (entre as nove e as dez), poderedes participar nun obradoiro práctico in situ para introducirse nestes bailes e perder o medo.

 

Os grupos que van poñer música son:

  • A Polofonica Tabernicola
  • Cantareiros Mahua
  • Cuarteto Os da Chaparra