Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Brinquedia convoca o Día do peón para o xoves 11 de Novembro de 2010

Brinquedia convoca o Día do peón para o xoves 11 de Novembro de 2010

Varios

BrinquediaBrinquedia, a Rede galega do xogo tradicional, é unha entidade que procura divulgar iniciativas encamiñadas á recuperación e conservación das actividades lúdicas tradicionais.

Por tal motivo, convoca o Día do peón para o xoves 11 de Novembro de 2010.

Os xogos tradicionais son actividades lúdicas que forman parte do Patrimonio dos pobos e que enriquecen persoal e culturalmente a cada comunidade cultural.

Co obxectivo de promover e potenciar a práctica destes ademáis da nosa fraseoloxía e do patrimonio inmaterial, Brinquedia, Rede Galega do Xogo Tradicional tomou a iniciativa de propoñer o 11 de novembro de cada ano como o Día do Peón, un día no que os trompos bailen en todos os concellos galegos. A proposta consiste en incorporar o xogo do Peón ás actividades que se desenvolvan nese día, coa intención de que chegue a converterse nunha data de celebración anual.

O peón (trompo, buxaina…) xógase tradicionalmente no outono. Na fraseoloxía galega podemos atopar distintos refráns que falan da súa estacionalidade:

“Polo San Martió, peóns ao camiño”,

“Pola Santa Olaia, peóns á borralla”,

“Polo Santo Antón, trompos ao caixón”…

É un xoguete de madeira torneada, cun cravo de ferro na punta (ferrón) e un anaco de madeira redondo na parte superior (pirucho). Podemos atopar o xogo en múltiples comunidades culturais; descubrindo distintas formas e xeitos de xogo, malia a máis extendida consiste en bailalo, despois de o ter amarrado cunha piola ou baraza ao seu redor.

Brinquedia

 Descargar o documento