Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / "V Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste"

"V Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste"

Varios

Os vindeiros 5 e 6 de xuño terá lugar o "V Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste".

Este ano non se poderá celebrar a actividade central do "Encontro", a VII edición do "Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA", agardando que o vindeiro ano se lle poida seguir dando continuidade, as actividades que se levarán a cabo este ano son as seguintes:

Sábado 5 de xuño
CASAL DE FERREIRÓS (San Salvador de Poio)

11:30 h RELATORIO
Las edades de la gaita. Dr. Javier Campos Calvo-Sotelo

12:30 h PRESENTACIÓN
Presentación CD VI Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA.
Actuación de Albor (Pedro Álvarez, Ramón Corral e Miguel Souto), conxunto gañador da VI edición

13:30 h EXPOSICIÓN DE PINTURA
Inauguración da exposición Manuel Villanueva, o Gaiteiro de Poio, do pintor e gaiteiro Álvaro Novegil "Alvarellos" coa intervención de Manuel Orío Ávila, escritor, crítico, periodista e músico.

ESCOLA DO CAMPO (Combarro - Poio)

17 h -20 h CURSO DE GAITA
A gaita moderna: técnica e interpretación
Paulo González. Licenciado en Música Antiga e profesor de gaita no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa

DOMINGO 6 de xuño
CASAL DE FERREIRÓS (San Salvador de Poio)

11 h -14 h e de 17 h - 20 h CURSO DE GAITA
A gaita moderna: técnica e interpretación
Paulo González. Licenciado en Música Antiga e profesor de gaita no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa

Información sobre as actividades, horarios e inscrición no cartel e folleto adxunto.

Máis información:
- Concello de Poio www.concellodepoio.es / 986 77 00 01
- Asociación Cultural Pai da Cana www.paidacana.com / 626 82 54 42